Ver a versión en liña

Convocatorias de apoio no eido da I+D+i para frear o coronavirus

A ciencia e a innovación xogan un papel clave para combater a situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19. Por este motivo, as distintas administracións están poñendo en marcha medidas de apoio á I+D+i fronte ao coronavirus. Aquí tes información sobre algunhas convocatorias e liñas de apoio as que poden presentarse as entidades galegas.





ePitching do Consello Europeo de Innovación (EIC) sobre o COVID-19
Organismo: Consello Europeo de Innovación (EIC)
Beneficiarios: pemes respaldadas polo EIC
Prazo: Ata o 27 de Marzo
Máis información
Convocatoria de expresións de interese para o financiamento de proxectos de investigación sobre o sars-cov-2 e a enfermidade COVID19
Organismo: Instituto de Salud Carlos III
Dotación: 24 M€
Beneficiarios: Organismos de investigación
Prazo: Desde o 19 de marzo ata a extinción do Fondo COVID-19
Enlace á convocatoria
Convocatoria de propostas da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI): Desenvolvemento de terapias e diagnósticos para combater as infeccións por coronavirus (IMI2-2020-21-01)
Organismo: Comisión Europea / Innovative Medicines Initiative
Dotación: 45 M€
Beneficiarios: Consorcios
Prazo: Ata o 31 de Marzo
Enlace á convocatoria
Convocatoria NEOTEC
Organismo: CDTI
Beneficiarios: empresas innovadoras de base tecnolóxica
Dotación: 25 M€
Prazo: A partir do 15 de abril
Máis información
Identificación de capacidades do Sistema Galego de Innovación
Así mesmo, lembrámosche que a Axencia Galega de Innovación ten aberta unha chamada para identificar solucións innovadoras que se poidan implementar de xeito inmediato en ámbitos directamente relacionados co brote por COVID-19. Os solicitantes deben achegar as súas solucións ata este venres 27 de marzo.

Chamada para a identificación de solucións innovadoras - Axencia Galega de Innovación

Formulario

Novas

Ver todas

24 de Marzo de 2020

A Xunta de Galicia mantén aberta ata o próximo venres unha chamada para identificar solucións innovadoras que combatan o coronavirus covid-19

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), ten aberta unha chamada a todos os axentes do ecosistema galego de innovación que teñan algunha proposta ou proxecto que poida contribuír á loita contra o coronavirus. Búscanse solucións innovadoras que se poida desenvolver de xeito inmediato e que poderán ser presentadas ata o vindeiro venres 27 de marzo.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.