Axudas para o fomento da participación galega en H2020
Co obxectivo de mellorar a competitividade do Sistema Galego de Innovación a través da súa participación no programa europeo de I+D+i, H2020, a Axencia Galega de Innovación publicará proximamente a segunda convocatoria correspondente ao 2020, desta liña de axudas dotada con máis de 2,7 millóns de euros, en tres modalidades. A convocatoria permanecerá aberta ata esgotamento do crédito. Atenderanse as solicitudes por orde de chegada.
|
|