Ver a versión en liña

Convocatorias vinculadas co COVID-19

Hoxe achegámosche unha serie de convocatorias e instrumentos de apoio para proxectos de investigación e innovación vinculados co COVID-19.

Lembrámosche que na nosa páxina web temos unha sección dedicada á Investigación e a innovación fronte ao coronavirus onde atoparás información de utilidade actualizada por Gain.

Sección COVID-19
Axudas a proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario
Axuda destinada a impulsar a reorganización produtiva urxente das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria para o ano 2020.
Dotación: 2.500.000 €
Organismo: IGAPE
Beneficiarios: Empresas.
Prazo: Recepción de propostas ata o 10 de xullo 2020 ou esgotamento de crédito.
Enlace á convocatoria
Convocatoria urxente aberta para contribuír a mitigar o impacto económico e social do COVID-19 dende a perspectiva da enerxía e a través da innovación
Contribuír á recuperación económica e social do país ante a crise provocada pola pandemia do coronavirus, financiando e/ou apoiando a startups/scaleups con proxectos innovadores para que poidan poñelos en marcha de xeito inmediato.
Dotación: o apoio financeiro e/ou de negocio será ad-hoc para cada proxecto.
Organismo: Enagás Emprende (Enagás), Exolum (CLH), Perseo (Iberdrola), BP Ventures (BP), EIT InnoEnergy, I’mnovation (Acciona) e a empresa tecnolóxica de Red Eléctrica.
Beneficiarios: startups/scaleups con solucións e/ou proxectos innovadores de negocio con posibilidade de poñerse en marcha de xeito inmediato e desenvolverse e implantarse no prazo máximo dun ano.
Prazo: Recepción de propostas do 6 ao 19 de abril de 2020
Enlace á convocatoria
Space in Response to COVID-19
A Axencia Espacial Europea (ESA) busca solucións e tecnoloxías que impliquen o uso de tecnoloxía espacial ou datos espaciais para axudar a abordar a crise do coronavirus.
Dotación: A Axencia cubrirá ata o 50% dos custos de cada proxecto, cun orzamento de ata 1 millón de euros por proxecto.
Prazo de solicitude: 20 de abril.
Organismo: Axencia Espacial Europea (ESA)
Beneficiarios: Empresas.
Enlace á convocatoria
Seguirémoste informando das distintas convocatorias e iniciativas que, a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación, ofrezan solucións para facer fronte ao COVID-19 .

Novas

Novas

16 de Abril de 2020

A Xunta manterá os programas de innovación cos centros tecnolóxicos para que a I+D+i achegue respostas aos novos retos da industria e da sociedade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Xunta defende que os centros tecnolóxicos son un recurso indispensable para o futuro industrial de Galicia, e manterá, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), todos os programas de impulso á innovación que se viñan convocando ata o de agora para que “a través da colaboración público-privada dos centros tecnolóxicos e a propia industria poidamos impulsar novas solucións innovadoras que dean unha resposta concreta ao tecido produtivo e aos novos retos que se presentan” na industria e na sociedade.
Ler máis

08 de Abril de 2020

O Goberno galego activa 3 millóns de euros para apoiar ás pemes no desenvolvemento de proxectos innovadores e a fabricación inmediata de medios de protección ante o COVID-19

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe tras a reunión do Consello da Xunta a activación de 3 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores vinculados ao coronavirus, así como o impulso da fabricación inmediata de medios de protección, a través de axudas que faciliten ás pemes galegas a reorganizar a súa produción e axustarse ás necesidades do mercado.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.