Ver a versión en liña

Apoio á contratación de talento innovador

Dende a Axencia Galega de Innovación e no noso compromiso con mantener o noso apoio á innovación e a xeración de emprego de calidade, mantéñense abertas as convocatorias de apoio á contratación de tecnólogos, o programa Principia, e de persoal de alta cualificación, Talento Sénior, para a realización de actividades de I+D+i por parte de empresas e organismos de investigación con sede en Galicia.

Debido á declaración do estado de alarma, os prazos administrativos están interrompidos pero pódense seguir presentando solicitudes.

Programa Principia

Esta liña de axudas ofrece 10.000 euros para a contratación de persoal de ata 35 anos, por un período mínimo dun ano, para realizar actividades de I+D+i en empresas e organismos de coñecemento.

Este ano inclúese como novidade a posibilidade de sumar un bono de formación de 1.000 euros dirixido ás persoas contratadas a través deste programa, para levar a cabo accións formativas impartidas por un provedor externo e que deberá ter unha duración total mínima de 40 horas.

A través desta convocatoria prevese apoiar a contratación de 105 tecnólogos, que se sumarán aos 442 contratos apoiados entre todas as edicións.

Máis información sobre o Programa Principia

Programa Principia
Programa Talento Sénior

Talento Sénior ofrece axudas para a contratación de persoal de alta cualificación, por un período mínimo de tres anos, con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación.

A intensidade da axuda varía entre o 40% e o 60% en función da retribución bruta por cada contrato indefinido ou temporal de duración igual ou superior de 3 anos.

A través desta convocatoria prevese apoiar a contratación de 14 profesionais altamente cualificados, que veñen sumarse aos 25 contratados en anteriores edicións.

Máis información sobre o Programa Talento Sénior

Programa Talento Sénior

Novas

Novas

22 de Abril de 2020

A Xunta achega ao sector biotecnolóxico as medidas de apoio á innovación relacionadas co COVID-19

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nun bioalmorzo virtual organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) para explicar as medidas adoptadas pola Xunta para apoiar proxectos innovadores relacionados co Covid-19, no que interveu tamén a presidenta do clúster, Carme Pampín, e que foi seguido por arredor de 90 persoas.
Ler máis

19 de Abril de 2020

A Xunta salienta o papel determinante que terá a biotecnoloxía galega na busca de tratamentos contra o COVID-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta semana unha reunión con representantes do Clúster Tecnolóxico-Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), un sector que, tal e como salientou, está gañando moito peso en Galicia e que, sen dúbida, vai ter un papel determinante na busca de tratamentos contra o Covid-19.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.