Ver a versión en liña

Modificación das bases reguladoras das axudas vixentes de Gain

O Consello da Xunta de Galicia do pasado venres 22 de maio aprobou a modificación de determinados artigos das bases reguladoras das convocatorias dos programas Fábrica Intelixente, Conecta Peme, Unidades Mixtas de Investigación e InnovaPeme, en resposta ao impacto económico e social da crise sanitaria orixinada pola pandemia da covid-19.

Estas medidas non serán efectivas ata a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, prevista o próximo 2 xuño .

Medidas adoptadas

Como consecuencia da declaración do estado de alarma a execución dalgúns proxectos foi suspendida ou ben continúa, pero a un ritmo moito menos intenso, debido ás dificultades de subministro, a expedientes de regulación de emprego temporais que afectan ao persoal investigador, á paralizacións ou demoras nas subcontratacións necesarias ou outras circunstancias derivadas do contexto actual.

Co obxectivo de minimizar o impacto destas circunstancias sobre os axentes do Sistema galego de innovación, a Axencia Galega de Innovación decidiu introducir unha serie de modificacións nas convocatorias co obxectivo de:

  • Darlle liquidez aos beneficiarios para continuar coas actividades dos proxectos.
  • Acompasar a distribución anual do gasto á progresión das actividades das mesmas.
  • Facilitar as xustificacións parciais.
  • Evitar reintegros por desviacións nalgún concepto de gasto superiores aos inicialmente previstos, sempre coa condición de que o proxecto se realice.

En concreto, as modificións afectan a 114 expedientes do programa de Fábrica Intelixente -convocatorias 2016, 2018 e 2019-, Conecta Peme -convocatoria 2018-, Unidades Mixtas de Investigación -convocatorias 2017 e 2018- e Innova Peme -convocatoria 2019-.

Estas medidas poden resumirse en:

  • Ampliación dos prazos para a realización de gastos e pagos ata o 31 de decembro de 2020 e de presentación de xustificacións do exercizo 2020 ata o 31 de marzo de 2021, agás InnovaPeme.
  • Modificación das porcentaxes dos anticipos, o que permitirá, con carácter xeral, liberar o 100% da anualidade 2020 (agás Innovapeme que será de ata o 70%), previa solicitude por parte dos interesados que estará dispoñible na web de Gain. Isto suporá un investimento de preto de 29M€.
  • A redistribución das anualidades concedidas, previa solicitude do beneficiario, cun límite máximo do 20-30% do custo concedido para cada anualidade, aumentando no mesmo importe a seguinte anualidade. Esta redistribución deberá solicitarse antes do 15 de setembro de 2020.​
  • A inspección “in situ” das actividades do proxecto poderá substituírse pola entrega de xustificación documental.
  • En canto á graduación dos incumprimentos, minórase o factor de corrección que se aplica cando a xustificación non acada un mínimo.​

Novas

Ver todas

26 de Maio de 2020

A Xunta agradece ao sector bio o seu compromiso con Galicia, achegando respostas aos novos retos actuais e mirando ao futuro a través da nova estratexia 2021-2025

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, agradeceu hoxe ao sector biotecnolóxico galego o seu compromiso con Galicia e recoñeceu o seu esforzo por achegar solucións aos novos retos derivados da crise da covid-19.
Ler máis

26 de Maio de 2020

Aberta a primeira convocatoria para consolidar proxectos a través da aceleradora do sector alimentario

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá, por vía telemática, no Infoday de presentación da primeira convocatoria de consolidación da aceleradora Business Factory Food (BFFood), especializada no sector alimentario.
Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Xuño
Curso online Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.