Ver a versión en liña

Convocatoria de proxectos de emprendemento no sector do mar

No marco do proxecto europeo Sherpa do mar, no que participa a Axencia Galega de Innovación (Gain) xunto a outras oito entidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, abrirase proximamente unha convocatoria para seleccionar 12 proxectos de emprendemento interesados en participar nun programa de apoio e acompañamento personalizado ao emprendemento no ámbito do mar da Blue economy.

PROGRAMA DE APOIO AO EMPRENDEMENTO

Baixo o paraugas do proxecto SHERPA DO MAR desenvolveuse un programa de apoio e acompañamento personalizado ao emprendedor que pretende contribuír a incrementar a probabilidade de supervivencia dos proxectos de emprendemento e intraemprendemento de base tecnolóxica no sector do mar. Na primeira semana de xullo abrirase unha convocatoria para seleccionar 12 proxectos de emprendemento. A convocatoria publicarase na páxina web do proxecto: http://www.sherpadomar.com e estará aberta ata mediados de setembro.

O seu obxectivo é mellorar significativamente a capacidade de xerar novos proxectos empresariais intensivos en coñecemento no ámbito do mar a través da colaboración entre diferentes axentes do sistema universitario, entidades dedicadas á I+D+i e entidades de promoción empresarial, en liña coa estratexia de apoio ao emprendemento innovador que a Axencia Galega de Innovación e a Consellería de Economía, Emprego e Industria están a levar a cabo a través da Rede de Aceleradoras e a plataforma StartIn Galicia.

Este programa porá a disposición dos 12 proxectos de emprendemento seleccionados:

  • Un sistema de monitorización e avaliación personalizada. Realizarase un diagnóstico personalizado baseado en indicadores que avaliará as habilidades e competencias dos promotores e a calidade da idea de negocio presentada.
  • Unha folla de ruta dinámica e personalizada. Deseñarase unha folla de ruta que conterá as accións recomendadas en cada fase do proceso emprendedor e en base ás súas necesidades identificadas no diagnóstico.
  • Mentoría. Cada proxecto de emprendimento contará con asesoramento especializado en transferencia de tecnoloxía e coñecemento desenvolvido por persoas con ampla experiencia no apoio ao emprendemento.
  • Recomendación de programas de apoio. Aos proxectos seleccionados recomendaránselles os programas de apoio ao emprendemento da Eurorrexión que mellor se adapten as súas necesidades
  • Asesoramento científico-técnico de alto nivel. As principais universidades e centros de investigación da Eurorrexión ofrecerán asesoramento científico-técnico aos participantes para reforzar a base de coñecemento sobre a que se asenta a súa idea de negocio.
  • Rede de contacto interrexional e difusión. O acceso a un marketplace web e a rede de axentes do proxecto Sherpa do Mar (principais axentes en ciencia e emprendemento da Eurorrexión) impulsará a visibilidade das ideas de negocio, así como o acceso a contactos e investidores a nivel interrexional.

Sherpa do Mar, Plataforma eurorrexional de fomento da competitividade no ámbito do mar a través do impulso de empresas de base tecnolóxica, é un proxecto integrado no Programa de cooperación transfronteiriza INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cofinanciado nun 75% por fondos FEDER.

Novas

Ver todas

17 de Xuño de 2020

A Xunta reforzará a xestión da planificación territorial e o control forestal coa utilización de dúas innovadoras solucións baseadas no uso de vehículos non tripulados

A Xunta de Galicia reforzará este ano a xestión da planificación territorial e do control das masas forestais con dous dos proxectos innovadores desenvolvidos no Polo Aeroespacial de Galicia baseados na utilización de sensores transportados en vehículos non tripulados.
Ler máis

Eventos

Ver todos
19
Xuño
WEBINAR #HACKatHOME: CONSTRÚE, DESEÑA, INNOVA. Descubre como será o funcionamento do HACKATHON

22
Xuño
Oportunius: taller online de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)

27
Xuño
HACKatHOME

29
Xuño
III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial:

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.