Ver a versión en liña

Inspírate con Gañadores!

Bebidas adaptadas ao metabolismo de cada quen, dispositivos que detectan a artrose, contedores de deseño... son algúns dos casos de éxito da innovación galega que podes atopar no noso blog Con G de ganadores.

Accede a ganadores.gal

Ganadores.gal recolle experiencias de innovación deseñadas, promovidas e realizadas en Galicia co obxectivo de difundir entre a sociedade e as pemes galegas a cultura da innovación. Ademáis esta canle de comunicación busca servir de inspiración ao noso tecido empresarial, especialmente ás pequenas e medianas empresas, para que se inicien no mundo da innovación. Neste 2020 publicaremos novos casos de éxito baseados na innovación aberta, na colaboración público-privada, no talento e na visión de futuro de todos os axentes que conforman o Sistema Galego de I+D+i.

RESPIRADOR DE BAIXO CUSTO PARA A COVID-19

A historia de hoxe é a dun consorcio de empresas que reorientou a súa actividade para fabricar un respirador con tecnoloxía de última xeración e baixo custo para atender a urxencia sanitaria derivada da covid-19.

Novas

Ver todas

02 de Xullo de 2020

A Xunta destaca o proxecto da peme Creativigo como un exemplo do traballo da I+D+i ao servizo da saúde e das persoas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que o proxecto da peme Creativigo, centrado no control de accesos e da temperatura corporal, é un exemplo de como a I+D+i galega pon as novas tecnoloxías ao servizo da saúde e das persoas.
Ler máis

30 de Xuño de 2020

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia as consultas preliminares ao mercado para definir a estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe de xeito telemático no II Foro Técnico da Civil UAVs Initiative que, ata mañá, reunirá aos axentes que participan no desenvolvemento do Polo Aeroespacial de Galicia co obxectivo de xerar debate e intercambio científico e técnico de coñecementos.
Ler máis

Eventos

Ver todos
06
Xullo

Lanzamento 3ª Convocatoria Business Factory Aero (BFAero)

Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.