Ver a versión en liña

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) invita a todos os axentes do ecosistema do deseño galego ao segundo encontro do ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, que se celebrará en formato virtual o vindeiro 23 de xullo.

Baixo o título “Deseño, ciencia e tecnoloxía”, exploraranse as sinerxías que presentan estes tres eixos no novo contexto aberto polo do coronavirus, marcado pola incertidume e polos novos retos e necesidades. Complétase así a reflexión iniciada no primeiro encontro do ciclo, no que se analizou a relación entre deseño, empresa e sociedade.

TRES PROFESIONAIS GALEGOS DE REFERENCIA INTERNACIONAL

Este evento, que se desenvolverá en a partir das 10:30 e ao longo de 90 minutos, forma parte do ciclo de catro encontros virtuais do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia para analizar o papel do deseño no escenario de futuro a través da visión de recoñecidos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade en Galicia, o resto de España e outros países.

Os expertos de referencia que compartirán a súa visión cos participantes son o artista Rubén Ramos Balsa, residente en Singapur e fundador da empresa tecnolóxica Mismos; Noemí Cortizas, afincada en Francia e especializada no deseño de produto, materiais, acabados e cores na compañía Roctool; e Anxo López, experto na función estratéxica do deseño e líder desta división no BBVA.

Podes consultar o programa e inscribirte neste enlace

Programa e formulario

Novas

Ver todas

07 de Xullo de 2020

A Xunta subliña o papel da compra pública de innovación na prestación de servizos públicos máis eficientes

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, interveu esta mañá no acto de apertura da xornada online de presentación de resultados das consultas preliminares ao mercado do proxecto Smartiago, un proxecto do Concello de Santiago de Compostela que conta co apoio da Xunta e que persegue implantar unha serie de solucións tecnolóxicas innovadoras no eido das smartcities para dar resposta ás necesidades dunha cidade patrimonio da humanidade empregando a ferramenta de contratación pública da Compra Pública de Innovación (CPI).
Ler máis

06 de Xullo de 2020

A Xunta reivindica o potencial do sector aeroespacial galego como motor de innovación e emprendemento na 3ª edición da BFAero

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá mediante videoconferencia na posta en marcha da terceira edición da Business Factory Aero, a aceleradora do sector aeronáutico e de vehículos non tripulados enmarcada no Polo Aeroespacial de Galicia.
Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Xullo
MANUFACTUR4.0: Aplicacións talento 4.0. Control dimensional sen contacto

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.