Ver a versión en liña

PRÓXIMAS CONVOCATORIAS: FÁBRICA INTELIXENTE E SOSTIBLE E AXUDAS A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN RELACIONADOS COA COVID19 AVALIADOS POSITIVAMENTE POLO ISCIII

O Consello da Xunta de Galicia aprobou esta mañá a convocatoria de dúas novas liñas de axudas que se publicarán nos próximos días. Trátase dunha nova edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible e dunha nova orde de axudas destinada a financiar aqueles proxectos de investigación relacionados coa Covid-19 que se presentaron á convocatoria do Instituto de Salud Carlos III. Ambas actuacións enmárcanse no Plan de reactivación económica posto en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de contribuír á recuperación da economía galega.

FÁBRICA INTELIXENTE E SOSTIBLE
DOTACIÓN 15 millóns de euros
OBXECTO Apoio a proxectos de I+D e innovación en materia de procesos ou organización de empresas.
BENEFICIARIOS
  • Empresas industrias grandes ou pemes, cun establecemento permanente en Galicia.
  • Organismos de investigación cun centro de traballo permanente en Galicia, pero soamente se desenvolven un proxecto de I+D en colaboración cunha ou varias empresas.
  • DURACIÓN MÍNIMA DO PROXECTO 3 anualidades
    MODALIDADES Individuais ou en colaboración con outras empresas ou centros de coñecemento.
    INTENSIDADE DA AXUDA Entre o 15% e o 80%.
    PRAZO Un mes desde o día seguinte á publicación no DOG.

    Entre as principais novidades desta edición atópase:

    • Aumento das contías dos proxectos que poderán acadar ata os 30M€, manténdose o mínimo en 2M€;
    • Fomento da colaboración efectiva tanto entre empresas grandes con pemes como entre empresas e organismos de investigación;
    • Inclúese como criterio de valoración o aliñamento co Pacto verde europeo.
    PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE A COVID-19
    IMPORTE 3 millóns de euros
    OBXECTO Financiamento de proxectos de investigación sobre a Covid-19 presentados á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade Covid-19.
    BENEFICIARIOS Organismos de investigación públicos ou privados que presentaron un proxecto á convocatoria de expresións de interese do Instituto de Salud Carlos III e que, a pesar de ser avaliados positivamente, non obtiveron asignación de fondos.
    FINALIDADE
    • Mellorar o tratamento da enfermidade, o seu diagnóstico e manexo clínico
    • Contribuir ao deseño, desenvolvemento e implantación de medidas de saúde pública para responder de xeito eficaz á pantemia.
    INTENSIDADE DA AXUDA Poderán realizarse pagamentos anticipados ata o 100% da axuda concedida.
    PRAZO Un mes dende a publicación do DOG.

    Novas

    Ver todas

    30 de Xullo de 2020

    GANADORES.GAL: O pastor máis intelixente para a gandería 4.0

    Elio, Óscar e Daniel eran tres estudantes universitarios cando en 2018 se obsesionaron con poñer a tecnoloxía ao servizo das granxas para dar un respiro aos gandeiros e mellorar a produción. A piques de saír ao mercado, iTechTerm monitoriza os movementos das vacas para alertar de posibles incidencias. Hai xa clientes esperando en Indonesia e países Latinoamericanos.
    Ler máis

    23 de Xullo de 2020

    A Xunta de Galicia asegura que o deseño sairá reforzado na era poscovid-19 como ferramenta de transformación e competitividade

    A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Patricia Argerey, interveu esta mañá na apertura institucional do segundo encontro virtual do ciclo A era poscovid: redeseñar o mundo. Neste contexto, Argerey afirmou que o deseño sairá reforzado desta situación xerada pola pandemia gañando relevancia, en tanto que ferramenta facilitadora da transformación da ciencia e da tecnoloxía en innovación e, polo tanto, da competitividade económica e do benestar social.
    Ler máis

     

    Logo_RIS3

     

    Enderezo

    Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

    informa.gain@xunta.gal

     

    Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.