Ver a versión en liña

CONVOCATORIAS ABERTAS

A Axencia Galega de Innovación ten abertas tres convocatorias de axudas: Fábrica Intelixente e Sostible; a nova orde de axudas destinada a financiar aqueles proxectos de investigación relacionados coa Covid-19 que se presentaron á convocatoria do Instituto de Saúde Carlos III; e os préstamos IFI Innova para financiar proxectos innovadores.

FÁBRICA INTELIXENTE E SOSTIBLE
DOTACIÓN 15M€
OBXECTIVO Apoiar grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico centrados en tecnoloxías industriais innovadoras e verdes en liña coas tendencias internacionais da fábrica intelixente e da Industria 4.0.
BENEFICIARIOS Empresas do sector industrial cun establecemento en Galicia, grandes ou pemes, agrupacións dunha empresa ou empresas e un ou varios organismos de investigación; e agrupacións entre unha gran empresa e unha ou varias pemes.
DURACIÓN DOS PROXECTOS Máximo ata o 30 de abril de 2023.
INTENSIDADE DA AXUDA Dependendo do tipo de empresa e proxecto, a intensidade vai desde un 15% a un 80%.
PRAZO DE PRESENTACIÓN Ata o 28 de setembro.
ENLACE Á CONVOCATORIA Convocatoria Fábrica Intelixente e Sostible
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE A COVID-19
DOTACIÓN 3M€
OBXECTIVO Apoiar proxectos sobre a Covid-19 que foron presentados á convocatoria do Instituto de Saúde Carlos III pero non acadaron financiamento.
BENEFICIARIOS Organismos de investigación e difusión do sistema galego de I+D+i.
DURACIÓN MÁXIMA DOS PROXECTOS Até o 20 de setembro de 2022.
INTENSIADADE DA AXUDA 100% do orzamento subvencionable, con anticipos do total da axuda en cada anualidade.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Ata o 24 de setembro.
ENLACE Á CONVOCATORIA Convocatoria proxectos de investigación sobre a Covid-19.
Préstamos IFI INNOVA
DOTACIÓN 3.175.000€
OBXECTIVO Apoiar ás micro, pequenas e medianas empresas galegas no desenvolvemento de novos proxectos innovadores que contribúan a mellorar a posición competitiva da compañía.
BENEFICIARIOS Micro, pequenas e medianas empresas individuais, especialmente as de base tecnolóxica, en fase semente ou startup, pero tamén aquelas pemes que, a pesar de ter unha longa traxectoria, desexan emprender proxectos innovadores.
CONDICIÓNS DOS PRÉSTAMOS
  • Tipo de interese reducido: Euríbor a un ano +0,10%
  • Porcentaxe de financiamento do 70% a través do préstamo e un 30% de fondos propios ou financiamento bancario
  • Importe do préstamo: entre 50.000 e 500.000 euros, sen necesidade de garantías ata os 200.000 euros
  • Prazo de amortización: entre 2 e 12 anos, cun máximo de catro anos de carencia e a posibilidade de incorporar amortizacións aceleradas en función da xeración de recursos da empresa.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Ata o 30 de decembro ou esgotamento do orzamento.
ENLACE Á CONVOCATORIA Convocatoria préstamos IFI Innova
Cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Novas

Ver todas

03 de Setembro de 2020

GANADORES.GAL: Coas redes soltas no caladoiro da innovación

Dunha pequena intermediaria do comercio de peixe nos anos 80 naceu a actual líder mundial do lagostino austral e da pescada. Poucos na historia do sector protagonizan un crecemento tan meteórico como Iberconsa. O grupo acaba de abrir en Vigo a súa primeira fábrica en Europa, a xoia da coroa da súa estratexia de I+D para cociñar produtos de alto valor engadido
Ler máis

27 de Agosto de 2020

A Xunta destina 15M€ a impulsar proxectos estratéxicos para implantar a Fábrica Intelixente en Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da cuarta edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible. Esta liña de axudas está dotada con 15 millóns de euros cofinanciados a través de fondos Feder dentro do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 e prevé mobilizar un total de 49 millóns de euros.
Ler máis

24 de Agosto de 2020

A Xunta convoca unha nova liña de axudas por 3M€ para apoiar proxectos de investigación sobre a covid-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova liña de axudas posta en marcha pola Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para apoiar proxectos de investigación relacionados coa enfermidade da covid-19 e o desenvolvemento de fármacos e vacinas eficaces.
Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Setembro
Webinar Programa Re-acciona Innovación

10
Setembro
Webinar Programa Re-acciona Innovación

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.