Ver a versión en liña

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) retoma o ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo” invitando a todos os axentes do ecosistema do deseño galego ao seu terceiro encontro, que se celebra en formato virtual o vindeiro 24 de setembro.

Baixo o título “Deseño de marcas en tempos da COVID-19”, exploraranse as mellores fórmulas para deseñar marcas sólidas, coherentes e relevantes nesta época de incertidume; analizaranse as boas prácticas postas en marcha polas marcas máis auténticas nestes últimos meses; e abrirase o debate sobre o papel destas na contención da desestabilización económica.

O relevante impacto que a pandemia está a ter sobre os hábitos dos consumidores e os factores de decisión de compra será un dos eixes do encontro. Os relatores abordarán a incidencia destes cambios no deseño das estratexias de marca, así como a aceleración da transformación dixital dos negocios.

CINCO PROFESIONAIS GALEGOS DE REFERENCIA EN DESEÑO DE MARCAS A NIVEL INTERNACIONAL

O evento online, que terá lugar en horario de 10:30 a 12:00 horas, dalle continuidade ao ciclo de catro encontros virtuais do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia para analizar o papel do deseño no escenario de futuro a través da visión de recoñecidos profesionais galegos.

Nesta ocasión, os expertos de referencia que compartirán a súa visión cos participantes son Iván Mato, director creativo de Jones Knowles Ritchie en Londres; Dani Bembibre e David Silvosa, socios do estudio de deseño e construción de marcas Costa; e Charo Froján e Alfredo Olmedo, creativos da marca de moda D-due.

Podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón.

Inscríbete!
NOVO TALLER DE DESEÑO PARA A TRANSFORMACIÓN

Uns días despois, o 29 de setembro, terá lugar o segundo taller do ciclo "Deseño para a transformación. Fundamentos para un deseño galego de futuro”, promovido pola Xunta de Galicia, para levar a cabo unha reflexión colectiva que permitirá configurar ao longo dos próximos meses, un manifesto e principios de innovación desde o deseño para Galicia, co obxectivo de que éste poida contribuír dun xeito máis eficiente á innovación e á competitividade na nosa comunidade.

A través desta iniciativa que se puxo en marcha no mes de xullo, reuniráse de novo o grupo estratéxico conformado para tal fin, con persoas pertencentes ao sector do deseño (profesionais e entidades asociativas), empresas e emprendedores de sectores clave para a economía galega, a Administración autonómica, artistas e docentes.

O taller, que se celebrará en formato online, contará coa participación de Carola Verschoor, referencia internacional en deseño de negocios e transformación.

Todas as ponencias asociadas a esta actividade, colgaranse posteriomente no canal de Vimeo de Gain.

Novas

Ver todas

17 de Setembro de 2020

Ganadores.gal: Non hai misión imposible para estes rastrexadores de altura

Se xa en solitario radares e drons permiten prestar unha enorme gama de servizos cada vez máis sofisticados, xuntos forman un superheroe 4.0. Olfacto privilexiado e o poder de voar. Co seu propio sistema de sensores de gran precisión patentado, Raytrack aproveita esa simbiose tecnolóxica para buscar minas antipersoa e inspeccionar o estado de antenas.
Ler máis

16 de Setembro de 2020

O Polo Aeroespacial de Galicia contará cun parque industrial que albergará unha quincena de hangares dos que, os dous primeiros, de Indra e Babcock, xa están en construción

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o Polo Aeroespacial de Galicia onde se está a acometer a primeira fase de construción do parque tecnolóxico e industrial, que alcanzará unha superficie de 31.000m² e terá capacidade para albergar unha quincena de naves.
Ler máis

Eventos

Ver todos
18
Setembro
Webinar programa Re-acciona Innovación

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.