Ver a versión en liña

Nacen os Premios Galegos de Innovación e Deseño

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, crea os Premios Galegos de Innovación e Deseño co obxectivo de recoñecer a persoas e empresas que contribuíron significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño. Os galardóns publicaranse o vindeiro 8 de outubro no DOG.

Esta iniciativa, impulsada pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), recoñecerá a aqueles profesionais e empresas galegas que teñen a innovación como un elemento clave para o desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial. Por outra banda, distinguirase aos profesionais e compañías que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e as empresas que ao incorporalo á súa estratexia empresarial demostran que o deseño actúa como motor de innovación e competitividade.

Con estes premios búscase destacar as boas prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial, poñendo de relevo como a innovación e o deseño son esenciais para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

Categorías, beneficiarios e premios

Estes galardóns publicaranse no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 8 de outubro. Poderán ser candidatos aos Premios Galegos de Innovación e Deseño as persoas físicas e as personas xurídicas que teñan alomenos un establecemento permanente en Galicia. En ambos casos, en función da modalidade á que concurran, deberán posuir as seguintes características:

Premios de innovación Premios de deseño
a) Traxectoria Innnovadora: 15.000€
Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.
b) Gran Empresa: carácter honorífico
Grandes empresas cunha actividade innovadora de alomenos dez anos.
c) Pequena e mediana empresa: 15.000€
Pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de alomenos cinco anos.
a) Profesionais: 15.000€
Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
b) Empresas: carácter honorífico
Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial durante alomenos dez anos.
c) Mozos/as deseñadores/as: 15.000€
Dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non sobrepase os trinta e cinco anos no día de presentación da candidatura, e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Prazo de presentación de candidaturas:
Dende o 9/10/2020 ata o 9/12/2020.

Novas

Ver todas

01 de Outubro de 2020

GANADORES.GAL: Un vixiante con moito olfacto na porta de entrada do coronavirus

A medida que avanza a pandemia e o coñecemento sobre a covid-19, os científicos teñen máis claro que a perda de olfacto e gusto é un dos síntomas maioritarios e dos primeiros en aparecer. Ás veces mesmo o único. Con toda a súa experiencia en análise sensorial, a empresa galega Tastelab conseguiu deseñar un innovador kit que permite a detección precoz da enfermidade a través do teléfono móbil.
Ler máis

25 de Setembro de 2020

A Xunta destaca a resposta da I+D+i galega á pandemia poñendo todo o seu talento e coñecemento ao servizo da sociedade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacaron hoxe a resposta da I+D+i galega á pandemia, poñendo todo o seu talento e coñecemento ao servizo da sociedade.
Ler máis

Eventos

Ver todos
02
Outubro
3ª Convocatoria Business Factory Aero (BFAero): WEBINAR I – Despegando en vertical

02
Outubro
Actividades formativas Programa Connect-19

05
Outubro
Actividades formativas Programa Connect-19

08
Outubro
Workshop online “Materiais para a impresión 3D”. Ciclo “Materiais para o futuro”

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.