Ver a versión en liña

Nace o Certame de Materiais Innovadores de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, promove a primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia para recoñecer os materiais máis innovadores desenvolvidos por empresas e centros de coñecemento galegos.

Calquera persoa ou entidade pode promover unha candidatura dende hoxe ata o 24 de febreiro de 2021, enviando a súa proposta por correo electrónico a materioteca@xunta.gal.

O certame, organizado no marco do Programa de Deseño para a Innovación a través da Materioteca de Galicia, ten como obxectivo  identificar, potenciar e difundir os novos materiais creados en Galicia e poñer en valor o esforzo de I+D que se realiza  desde as empresas e grupos de investigación.

CATEGORÍAS
Materiais obtidos de procesos artesanais.
Materiais desenvolvidos por empresas ou por agrupacións de empresas para a súa comercialización.
Materiais desenvolvidos por grupos de investigación de centros de coñecemento públicos e privados (universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos), ben como resultado de proxectos individuais ou en consorcio
Materiais desenvolvidos por grupos mixtos formados por empresas e centros de coñecemento, en calidade de participantes nalgún proxecto financiado con fondos públicos.
Bases e procedemento

As bases e detalles do procedemento e a documentación a presentar poden consultarse na páxina web da Materioteca de Galicia.

Podes acceder neste enlace.

Novas

Ver Todas

29 de Outubro de 2020

GANADORES.GAL: DÁMOSCHE A BENVIDA AO HOTEL MÁIS COMPROMETIDO COA TÚA SAÚDE

Calquera negocio ten o reto en plena pandemia de ser seguro e, ademais, que os seus clientes o perciban así. Especialmente aqueles con movemento de persoas como os hoteis. Tattoo, unha das grandes referencias do sector contract en Galicia, desenvolveu unha innovadora cabina desinfectante de equipaxe para facilitar o check-in e axudar a reforzar a boa imaxe do sector.

Ler máis

28 de Outubro de 2020

Conde invita a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración con Galicia presentando propostas coas que optar aos fondos europeos de reconstrución

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, invitou esta mañá en Vigo a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración coa Xunta, que demostraron no desenvolvemento da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Irmas, presentando propostas coas que Galicia poida optar aos fondos europeos de reconstrución.

Ler máis

26 de Outubro de 2020

A aceleradora aeronáutica BFAero bate récord de participación con 85 proxectos que optan a entrar na súa terceira edición

Un total de 85 proxectos aplicables ao sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados optan a formar parte da terceira edición da Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta dentro do polo aeroespacial de Galicia, tras pecharse o prazo de presentación de solicitudes. Así, a aceleradora bate o seu récord de participación e practicamente duplica as cifras das dúas anteriores convocatorias, nas que se inscribiran 54 e 40 proxectos seleccionables, respectivamente.

Ler máis

Eventos

Ver todos
30
Outubro
Actividades formativas Programa Connect-19

02
Novembro
Actividades formativas Programa Connect-19

04
Novembro
Como aproveitar as fontes de datos abertas e as ferramentas open source para vixilancia tecnolóxica

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.