Ver a versión en liña

Apoiamos a ciencia galega fronte á covid-19

O Consello da Xunta desta mañá deu o seu visto bo á resolución a través da que a Axencia Galega de Innovación (Gain) apoia 15 proxectos de investigación para avanzar na loita contra a covid-19. Estes proxectos, liderados por científicos galegos de recoñecido prestixio, proceden das universidades galegas e das fundacións de investigación sanitaria.

Os proxectos de investigación desenvolveranse nas seguintes áreas:

Caracterización clínica e biolóxica da enfermidade Técnicas de diagnose virolóxica rápida
Terapias innovadoras Análise masiva de datos orientados ao control epidemiolóxico

Ao desenvolvemento destes proxectos destinaránse preto de 3 millóns de euros, cunha intensidade da axuda do 100% e carácter plurianual, debendo estar finalizados antes do 30 de setembro de 2022.

A esta convocatoria de axudas presentáronse 39 solicitudes de proxectos, dos que resultaron 15 beneficiarios. Liderados por científicos galegos de recoñecido prestixio, 6 corresponden a universidades galegas e 9 a fundacións galegas de investigación sanitaria. Ademais, estas axudas contribúen á contratación de 43 investigadores.

Os proxectos apoiados son os seguintes:

FUNDACIÓN BIOMÉDICA GALICIA SUR DESARROLLO DE UN SISTEMA DE IA PARA LA ADECUACIÓN DE LA INTENSIDAD ASISTENCIAL DE PACIENTES CRÍTICOS DE COVID-19 EN LA UCI INTEGRANDO TÉCNICAS DE MACHINE Y DEEP LEARNING.
PRACTICUM DIRECT_SIMULADOR DE TOMA DE DECISIONES EN PANDEMIAS
FUNDACIÓN INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PHARMACEUTICAL DEVELOPMENT OF FAST-TRACK AND INNOVATIVE THERAPIES TARGETING ACE2 FOR COVID-19
EVALUACIÓN DE COMPUESTOS SENOLÍTICOS PARA EL TRATAMIENTO DEL SÍNDROME DE DIFICULTAD RESPIRATORIA AGUDA
EVALUACIÓN DE LA INFLUENCIA DE LOS FACTORES GENÉTICOS DEL HUÉSPED EN LA SUSCEPTIBILIDAD, PATOGENIA, DIAGNÓSTICO Y PRONÓSTICO EN LA INFECCIÓN POR SARS-COV-2 (GEN-COVID)
CLARIFICACION DEL EFECTO BENEFICIOSO O PERJUDICIAL DE LOS TRATAMIENTOS CON SARTANES, IECAS E IBUPROFEN
SPIKESOMAS PARA LA DEGRADACIÓN DEL SARS-COV-2 BASADA EN CRISPR/CAS13D
FUNDACIÓN PROFESOR NOVOA SANTOS INTELIXENCIA ARTIFICIAL VS COVID-19: MELLORAS NA DETECCIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO PERSONALIZADO DOS AFECTADOS
ESTUDIO FARMACOGENÉTICO PARA PREDECIR LA RESPUESTA AL TOCILIZUMAB EN PACIENTES INFECTADOS POR SARS-COV-2
UNIVERSIDADE DA CORUÑA CIENCIA E ENXEÑARÍA DE DATOS PARA A AVALIACIÓN, PREDICIÓN POBOACIONAL E PERSONALIZADA DA EVOLUCIÓN DA ENFERMIDADE COVID-19
PREDICCIÓN DE LA ESTRUCTURA DE PROTEÍNAS DE SARS-COV-2 CON TÉCNICAS DE INTELIGENCIA ARTIFICIAL
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COVTES: PROBA RÁPIDA PARA A DETECCIÓN PRECOZ DE SARS-COV-2 BASEADA EN INMUNOCROMATOGRAFÍA
AFFIDENDRONS ANTI-SARS-COV-2 S: HERRAMIENTAS MULTIVALENTES PARA DIAGNÓSTICO TEMPRANO Y TERAPIA ANTIVIRAL COVID-19
DISEÑO Y SÍNTESIS DE PROTEINAS RECOMBINANTES SUPERFICIALES QUIMÉRICAS DEL VIRUS SARS-COV-2 PARA LA PRODUCCIÓN DE UNA VACUNA EN LEVADURAS
NUEVOS AGENTES ANTIVIRALES BASADOS EN AMINOQUINOLINAS PARA EL TRATAMIENTO DE LA PANDEMIA ACTUAL POR SARS-COV-2
Con esta nova liña, o Goberno autonómico leva destinado 14M€ a apoiar a I+D+i nos organismos de investigación galegos na busca de medidas que apoien a súa actividade e que poidan conter a propagación da enfermidade.

Novas

Ver Todas

12 de Novembro de 2020

Ganadores.gal: Unha carreira sen obstáculos para os atletas do coñecemento

O tempo xoga en contra dos innovadores. Canto máis se dilate un proxecto, máis posibilidades hai de que outro se adiante ou a novidade deixe de ser tal. O Horizonte 2020 da UE é unha oportunidade de ouro para que investigadores e empresas cheguen os primeiros á meta da excelencia a través de proxectos de grande envergadura.

Ler máis

11 de Novembro de 2020

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado de Indra e Xunta

A Xunta e a compañía Indra deron comezo ás probas de voo finais do Targus, o avión opcionalmente pilotado (OPV) civil máis avanzado desenvolto ata a data en España no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.
Ler máis

08 de Novembro de 2020

A Xunta mantén aberta ata o 9 de decembro a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de Innovación e Deseño

Os profesionais e empresas interesados en presentarse á primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño teñen aínda un mes de prazo para formalizar a súa candidatura. A convocatoria realizada pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) para recoñecer a destacada contribución de profesionais e empresas ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño está aberta ata o 9 de decembro.

Ler máis

Eventos

Ver todos
23
Novembro

Curso online “Construíndo Relacións Universidade-Empresa”

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso “Construíndo Relacións Universidade-Empresa” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.