Ver a versión en liña

Xornadas de formación sobre os novos programas de financiamento europeos 2021-2027

No marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), GAIN ofrece catro xornadas de formación centradas nos programas e instrumentos europeos de apoio á innovación máis relevantes para o período 2021-2027. A primeira actividade estará centrada na estratexia "Digital Europe" e terá lugar o vindeiro 10 de decembro en formato virtual.

Co obxectivo de preparar o ecosistema de innovación da Eurorrexión para os retos de futuro que temos en Europa e que éste se poida beneficiar dos instrumentos, iniciativas e programas dispoñibles no ámbito da innovación, a Axencia Galega de Innovación, en cooperación co resto de socios do proxecto Interreg España-Portugal Impact RIS3T, está a organizar catro xornadas informativas.

A primeira actividade é unha xornada online sobre a estratexia "Digital Europe", orientada a acelerar e guiar a transformación dixital en Europa do tecido empresarial europeo que terá lugar o vindeiro 10 de decembro.

"Digital Europe" é o programa da Unión Europea dirixido a desenvolver as capacidades e as tecnoloxías dixitais para estender o seu uso entre a cidadanía, a administración pública e as empresas, con especial fincapé nas PEMEs.

Cun orzamento proposto de 8.200 millóns de euros para o periodo 2021-2027, este programa persegue reforzar os investimentos en áreas tecnolóxicas como:

  • Supercomputación
  • Intelixencia Artificial
  • Ciberseguridade
  • Competencias dixitais avanzadas

Este programa busca un amplo uso destas tecnoloxías pola economía e a sociedade, en liña cos obxectivos e valores de sustentabilidade en Europa.

A xornada está dirixida aos Hubs de Innovación Dixital, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, clústeres, empresas innovadoras, administracións públicas e cidadanía en xeral, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.

Será impartida por representantes da Comisión Europea en formato virtual:

  • Gabriel Rissola, Investigador Sénior e Membro do Comité Científico na Comisión Europea - JRC.
  • Anne-Marie Sassen, Responsable de Proxectos na Comisión Europea.

As xornadas desenvolveranse integramente en inglés.

Está prevista a realización doutras tres xornadas ata finais do mes de xaneiro centradas no Green Deal, no programa marco Horizonte Europa e no financiamento en cascada. De estas xornadas iremos informando puntualmente a través dos nosos medios.

Si queres consultar o programa e inscribirte, accece a esta ligazón

Xornada online

Novas

Ver Todas

17 de Novembro de 2020

A Xunta aposta polo traballo conxunto a través da I+D+i para fortalecer a competitividade do tecido produtivo e mellorar o benestar social

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Madrid á reunión do padroado da Fundación Cotec para la Innovación, que estivo presidida polo rei Felipe VI. No encontro, Conde, que agradeceu o labor que realiza esta entidade ao servizo da innovación en España, sinalou a importancia de seguir traballando xuntos a través da I+D+i, para fortalecer a competitividade do tecido produtivo e mellorar o benestar social.

Ler máis

13 de Novembro de 2020

A Xunta destaca o importante papel de Gradiant na dixitalización das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, participou hoxe na última sesión da Virtual Demoweek de Gradiant, un evento que amosou os últimos avances tecnolóxicos desenvolvidos polo centro tecnolóxico ao tecido produtivo.

Ler máis

12 de Novembro de 2020

A Xunta apoia con 3M € o desenvolvemento de 15 proxectos de investigación galegos para avanzar na loita contra a covid-19

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, destinará preto de 3 M€ a financiar o desenvolvemento dun total de 15 proxectos de investigación galegos para avanzar na loita contra a covid-19, tal e como se informou na reunión desta mañá de Consello.

Ler máis

Eventos

Ver todos
23
Novembro

Curso online “Construíndo Relacións Universidade-Empresa”

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso “Construíndo Relacións Universidade-Empresa” no marco do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Ler máis
26
Novembro

Workshop online “Materiais Hixiénico Sanitarios”

A crise sanitaria na que nos atopamos, promoveu o interese polos materiais destinados á elaboración de diferentes equipamentos de protección biolóxica. Este tipo de materiais, de calidades tan específicas, son de interese para a higienización de espazos nos que, por razón de uso ou de tránsito de persoas, prodúcese algún tipo de transmisión microbiana ou vírica.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.