Ver a versión en liña

Nova convocatoria para financiar proxectos colaborativos de I+D+i no ámbito da dixitalización: Conecta Hubs

O obxectivo desta convocatoria é mellorar a resiliencia das pemes galegas e favorecer a súa competitividade nunha contorna internacional a través da dixitalización. GAIN destinará 6,8M€ para o apoio a proxectos de I+D+i colaborativos que encaixen nas áreas estratéxicas dos dous Hubs galegos de innovación dixital, DIHGIGAL e DATAlife.

Obxecto

Axudas para proxectos de I+D+i colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs Galegos de Innovación Dixital e orientados aos obxectivos específicos do Programa Europa Dixital. Dúas liñas de apoio:
  • Liña 1: Proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en proceso ou organización.
  • Liña 2: Proxectos de innovación en produto.

Financiamento

6,8M€ para o período 2021-2023, cofinanciado a través do Programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Intensidade máxima de axudas:
  • Liña 1: Entre o 15 e o 80% do investimento subvencionable en función do tipo de empresa e de proxecto, ata un máximo de 1M€.
  • Liña 2: Ata o 80% do investimento subvencionable, ata un máximo de 400.000 euros.

Entidades beneficiarias

Agrupacións de 2-6 pemes e grandes empresas (estas só na liña 1 cando exerzan efecto tractor no proxecto e cunha participación limitada).

Requisitos xerais dos proxectos

  • Focalizados nas áreas estratéxicas dos Hubs galegos de Innovación Dixital e orientados aos obxectivos do Programa Europa Dixital.
  • Enfocados ao mercado e orientados á xeración de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora dos procesos de dixitalización e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados para as pemes.
  • Orientados á obtención de resultados , incorporando como mínimo tres indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos nos obxectivos específicos do Programa Europa Dixital, sempre no marco da RIS3 Galicia.

Se queres obter máis información sobre este programa, podes atopala neste enlace.

Novas

Ver Todas

26 de Novembro de 2020

GANADORES.GAL: Estes zapatos camiñan de volta a unha segunda vida

A industria da moda ten por diante o enorme desafío da sustentabilidade. Moitas empresas de roupa buscan xa como cambiar o seu modelo de produción vertixinosa e no sector do calzado a galega Krack é pioneira na busca da reciclaxe masiva de zapatos para que a única pegada que deixen no medio ambiente sexa ao pisar.

Ler máis

20 de Novembro de 2020

Galicia pon a disposición do seu tecido empresarial 6,8M€ en axudas para financiar proxectos de I+D+i colaborativos no eido da dixitalización

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, aprobou a convocatoria do novo programa Conecta Hubs, ao que destinará 6,8M€ co obxectivo de ofrecer financiamento a proxectos de I+D+i colaborativos que encaixen nas áreas estratéxicas dos dous Hubs galegos de innovación dixital que xa foron seleccionados. Prevese apoiar ao redor de 10 iniciativas que poderían mobilizar 18M€.

Ler máis

23 de Novembro de 2020

Conde subliña que o novo dron mariño de industrias Ferri encaixa na aposta da Xunta por orientar a aeronáutica cara á mellora dos servizos públicos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, subliñou esta tarde en Vigo, na botadura do dron mariño de Industrias Ferri, que esta embarcación encaixa na aposta que a Xunta de Galicia está facendo por impulsar o sector aeronáutico e orientalo cara a mellora dos servizos públicos.

Ler máis

24 de Novembro de 2020

A Xunta fomenta a participación de pemes galegas como Edafotec no programa marco de I+D+i da Unión Europea para impulsar a internacionalización do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá en Vigo a enxeñaría ambiental Edafotec. O obxectivo da visita era coñecer o proxecto de innovación que está a executar a empresa galega co apoio da Xunta de Galicia e que recibiu o selo de excelencia da Comisión Europea.

Ler máis

Eventos

Ver todos
26
Novembro

Workshop online “Materiais Hixiénico Sanitarios”

A crise sanitaria na que nos atopamos, promoveu o interese polos materiais destinados á elaboración de diferentes equipamentos de protección biolóxica. Este tipo de materiais, de calidades tan específicas, son de interese para a higienización de espazos nos que, por razón de uso ou de tránsito de persoas, prodúcese algún tipo de transmisión microbiana ou vírica.

Ler máis
03
Decembro

Xornada online de peche do proxecto MANUFACTUR 4.0

A xornada dará comezo ás 10.00 (hora española), e nela expoñeranse os principais resultados alcanzados polo proxecto por parte das entidades beneficiarias. Con este evento o CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dará a coñecer o concepto de Industria 4.0 que representa para a industria naval unha gran oportunidade para mellorar tanto o estaleiro como o propio proceso de construción dun buque, abrindo o camiño a unha nova era industrial

Ler máis
04
Decembro

Xornada préstamos IFI Innova

O obxectivo é presentar as principais características e requisitos do Instrumento de Financiamento IFI INNOVA, para promover un maior uso de instrumentos financeiros, mediante programas de préstamos con recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), creados co obxectivo de intensificar o apoio ás pequenas e medianas empresas galegas, no financiamento de novos proxectos de Innovación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación nas súas organizacións

Ler máis
10
Decembro

Xornada online sobre a estratexia

A xornada está dirixida aos Hubs de Innovación Dixital, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, clústeres, empresas innovadoras, administracións públicas e cidadanía en xeral, tanto de Galicia como do Norte de Portugal. Cun orzamento proposto de 8,2 mil millóns de euros para o periodo 2021-2027, este programa persegue reforzar os investimentos en áreas tecnolóxicas como a supercomputación, a Intelixencia Artificial (AI), a ciberseguridade, as competencias dixitais avanzadas, así como asegurar un amplo uso destas tecnoloxías pola economía e a sociedade en liña cos obxectivos e valores de sustentabilidade en Europa

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.