Ver a versión en liña

I Encontro Oportunius

O mércores 16 de decembro celebrarase o primeiro Encontro Oportunius, un evento en streaming dirixido á comunidade científica e a responsables e xestores de investigación. A súa finalidade é difundir as axudas do European Research Council (ERC) e os servizos e oportunidades do Programa Oportunius; así como dar a coñecer os investigadores e investigadoras que contan con axudas do ERC e están desenvolvendo a súa carreira científica en Galicia.

O programa Oportunius é unha iniciativa da Xunta de Galicia –en colaboración co Sistema Universitario Galego (SUG), o Consejo Superior de Investigaciones  Científicas (CSIC) e outros organismos de investigación de Galicia– que ofrece condicións atractivas para reter, retornar e atraer talento investigador a Galicia.

Gañadores de axudas do European Research Council (ERC), finalistas e candidatos reciben o soporte do programa a través dun conxunto de medidas, deseñadas específicamente para cada un destes tres perfís, que integran: apoio económico, servizos de asesoramento e formación.  Para as próximas convocatorias 2021, xa está aberto o servizo de asesoramento ao que poden acceder desde a seguinte ligazón

A xornada será presidida polo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde. Contará coas intervencións de José Manuel Fernández Labastida, Head of ERC Scientific Department, e de Rubén Nogueiras, investigador distinguido Oportunius, beneficiario dunha Starting Grant e da primeira Sinergy Grant con participación galega.

Enlaces de interese

Podes ver todo o relacionado co programa Oportunius na súa web.

Si o que queres é inscribirte na xornada, podes facelo dende aqui.

Datos do programa

 

24 persoas beneficiarias de axudas do ERC 5 persoas con contrato OPORTUNIUS 14 finalistas con apoio para futuras convocatorias Mais de 190 participantes nos talleres de formación

Novas

Ver Todas

10 de Decembro de 2020

GAÑADORES.GAL: Esta é a nova xeración de emprendedores que moverá a economía galega

O estudo que deseña o próximo supervendas do mercado dos videoxogos. A startup capaz de adaptar o alugueiro de coches e os concesionarios ao novo modelo de mobilidade. A axencia que lles outorga intelixencia aos asistentes virtuais. Que teñen en común? Creatividade e innovación. Son o reflexo da nova economía impulsada desde Galicia

Ler máis

06 de Decembro de 2020

O proxecto europeo Manufactur 4.0, no que participa a Xunta, permitiu incentivar a implantación das tecnoloxías 4.0 no sector naval e metalúrxico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na xornada en liña de peche do proxecto europeo Manufactur 4.0, que lidera a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño e que está financiado a través de fondos Feder do programa Interreg VA España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). O obxectivo deste proxecto é transferir de xeito efectivo as novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custe á industria do sector naval e metalmecánico.

Ler máis

04 de Decembro de 2020

A Xunta informa sobre os préstamos IFI dirixidos a apoiar proxectos innovadores de pequenas e medianas empresas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, abriron esta mañá a xornada online sobre os instrumentos financeiros innovadores (IFI) dirixidos a intensificar o apoio a micro, pequenas e medianas empresas galegas no financiamento do novos proxectos innovadores, cofinanciado a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Decembro

Presentación da convocatoria de experimentos empresariais do proxecto europeo FF4EUROHPC

O proxecto europeo FF4EuroHPC, financiado pola programa Horizonte2020 e no que participa o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), ten aberta a primeira convocatoria para financiar experimentos de pemes innovadoras na aplicación de servizos avanzados de Computación de Altas Prestacións (HPC). A data límite de presentación de propostas é o 27 de xaneiro, o prazo máximo de duración dos experimentos é de 15 meses e o financiamento total por proposta de ata 200.000 euros. O CESGA organiza un webinar para explicar esta convocatoria.

Ler máis
17
Decembro

Xornada Green Deal

O “Green Deal” establece unha folla de ruta co obxectivo de alcanzar unha política de cero emisións en carbono en 2050 integrando a sustentabilidade en todas as políticas e a través de accións en áreas como a economía circular, a mobilidade sostible e intelixente, a ecoloxización da PAC ou a estratexia “da granxa á mesa”. A xornada está dirixida aos Hubs de Innovación Dixital, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, clústeres, empresas innovadoras, administracións públicas e cidadanía en xeral, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.

Ler máis
18
Decembro

Unha RIS3 reforzada: construíndo xuntos a folla de ruta para 2021-2027

A Axencia Galega de Innovación inicia a elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 de Galicia 2021-2027, como marco estratéxico no que se articularán todos os instrumentos de apoio á I+D+I da Xunta de Galicia nos vindeiros anos. Esta nova RIS3 será o resultado dun proceso colaborativo entre todos os axentes galegos da I+D+i, é por iso polo que a Axencia Galega de Innovación organiza esta xornada como punto de partida a este novo proceso.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.