Ver a versión en liña

Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027

Dende a Axencia Galega de Innovación iniciamos a elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 de Galicia 2021-2027, como marcos estratéxico no que se articularán todos os instrumentos de apoio á I+D+I da Xunta de Galicia nos vindeiros anos. Esta estratexia será froito dun proceso colaborativo no que queremos contar con todos os axentes do sistema galego de I+D+i. Como punto de partida deste proceso, celebramos mañá venres unha xornada online .

A Xunta de Galicia inicia un proceso participativo para a elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027, que guiará os investimentos en I+D+i do próximo período de financiamento 2021-2027.

Que grandes obxectivos temos na nova RIS3?:
  • Evolucionar o modelo produtivo, gañar competitividade e crecer de forma sostible no tempo, xerando emprego de calidade;
  • Contribuír a dar resposta aos grandes retos e necesidades da sociedade, a través da especialización e concentración dos recursos nas prioridades da economía galega.

Como punto de partida para a definición da Estratexia en colaboración con todos os axentes galegos da I+D+i, que se desenvolverá nos primeiros meses de 2021, mañá venres celebramos a xornada online “RIS3 Galicia 2021-2027: A especialización intelixente para transformar Galicia xuntos”.

Cales son os obxectivos do proceso participativo?
  • Priorizar de xeito consensuado os investimentos en Galicia en investigación, desenvolvemento e innovación en base ás nosas fortalezas, capacidades e oportunidades.
  • Identificar conxuntamente os elementos principais da estratexia, como a visión, retos, prioridades, obxectivos ou os instrumentos de apoio.
  • Impulsar a colaboración público-privada e o investimento privado en I+D+i.

Ademais, xunto coa selección das prioridades de especialización competitiva en base ao coñecemento e a innovación, a RIS3 Galicia 2021-2027 tamén deberá asumir os grandes retos globais como a Axenda 2030 da ONU, o Pacto Verde Europeo ou a Estratexia Dixital Europea.

Animámoste a sumarte a este proceso e inscribirte na xornada na seguinte ligazón!

Inscrición

Novas

Ver Todas

16 de Decembro de 2020

A Xunta destaca que o Programa Oportunius xera novas oportunidades en Galicia a través da captación e retención de talento científico de primeiro nivel

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela ao I Encontro Oportunius, no que destacou que este programa está xerando novas oportunidades a través da captación e retención de talento científico de primeiro nivel no ecosistema galego de I+D+i.
Ler máis

15 de Decembro de 2020

A Xunta recoñece a implicación dos traballadores públicos por aproveitar as novas tecnoloxías para ofrecer unha mellor atención á cidadanía galega

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na entrega da segunda edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores, cos que a Xunta recoñece a implicación e o compromiso dos traballadores públicos por aproveitar a vantaxe das novas tecnoloxías para ofrecer unha mellor atención á cidadanía galega.
Ler máis

13 de Decembro de 2020

Galicia e o Norte de Portugal organizan un ciclo de xornadas formativas sobre instrumentos europeos de apoio á innovación

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, colabora coa Rexión Norte de Portugal nun ciclo de xornadas formativas sobre os programas e instrumentos europeos de apoio á innovación no período 2021-2027.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.