Ver a versión en liña

Presentación de resultados da aceleradora Connect-19

O vindeiro martes 12 de xaneiro celebramos o encontro final do programa de aceleración Connect-19, posto en marcha pola Axencia Galega de Innovación (Gain) en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) o pasado mes de xuño para impulsar o acceso ao mercado de solucións innovadoras que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico da covid-19.

Máis información

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) puxo en marcha o pasado mes de xuño o programa de aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto da Covid-19, Connect-19.

Seleccionáronse 20 pemes pertencentes a diversos sectores (saúde, TIC, industria, etc). As solucións propostas van dende unha aplicación para controlar a desnutrición e a inxesta dos pacientes covid, un kit para a detección precoz da enfermidade, pasando por ingredientes cosméticos con capacidade antiviral efectivos contra o coronavirus, ou a creación de tecidos para combater bacterias e virus en colchóns.

Durante cinco meses as pemes participantes seguiron itinerarios personalizados, que incluíron mentorización e accións formativas, para:

  • Validar a viabilidade da saída ao mercado destas solucións innovadoras
  • Impulsar a súa comercialización
  • Reforzar a consolidación destas solucións no mercado
  • Fortalecer o seu modelo de negocio

O próximo 12 de xaneiro celebraremos, en formato semipresencial, o encontro final do programa Connect-19. O seu obxectivo é presentar os resultados acadados polas entidades participantes ao longo do programa de aceleración, así como coñecer de primeira man as súas experiencias e os seus produtos.

Podes obter máis información sobre a xornada e inscribirte neste enlace!

Inscrición

Novas

Ver Todas

18 de Decembro de 2020

GANADORES.GAL: De descartes a superalimentos tras unha sesión de sauna

Cada ano en España acaban no lixo 1.300 millóns de quilos de alimentos. Moitos frescos nin sequera entran na cadea de distribución porque son excesivamente grandes ou moi pequenos, demasiado maduros ou con imperfeccións. Moodbytes sae ao rescate dos kiwis, mazás e grelos que se desperdician para convertelos en produtos de alto valor engadido en forma de batidos e barriñas saudables.
Ler máis

18 de Decembro de 2020

A Xunta inicia un proceso participativo con máis de 240 axentes para desenvolver a nova estratexia RIS3 de Galicia 2021-2027

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Cidade da Cultura á xornada Unha RIS3 reforzada: construíndo xuntos a folla de ruta para 2021-2027 coa que a Xunta inicia un proceso participativo —no que colaboran máis de 240 axentes do sistema galego de innovación– para desenvolver a nova Estratexia de Especialización Intelixente neste período e que se agarda presentar a mediados do vindeiro ano.
Ler máis

Eventos

Ver Todos
20
Xaneiro

Oportunius: taller online de preparación de propostas 2021 do European Research Council (ERC)

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.