Ver a versión en liña

Mapa de apoios á innovación 2021

Queres informarte dos apoios que a Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia porá á túa disposición durante 2021? Podes consultar o Mapa de apoios á innovación 2021, dispoñible a través da nosa páxina web. Nel atoparás as convocatorias de axudas e outros instrumentos de financiamento da I+D+i, quen se pode beneficiar destes apoios e a previsión de data de apertura.

Descarga o mapa!
MAPA SE AXUDAS Á INNOVACIÓN 2021

INICIATIVA

PROGRAMA

A P O I O S

CONVOCT.

TALENTO

Principia

Contratación de persoal tecnólogo de ata 35 anos para a realización de actividades de I+D+i

1T

Talento Sénior

Contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i

1T

Oportunius

Contratación de persoal investigador excelente beneficiario dunha axuda do programa do European Research Council – ERC

1T 2T 3T 4T

Doutoramento Industrial

Axudas para fomentar a transferencia de coñecemento e tecnoloxías e a mobilidade do persoal investigador da academia á empresa

     2T

Apoio á etapa predoutoral

Axudas para a contratación de persoal titulado superior para a súa formación como persoal doutor

1T

Apoio á etapa posdoutoral

Axudas para a contratación de persoal doutor para incentivar a súa carreira investigadora

1T

Grupos de Investigación

Axudas para consolidar os grupos de investigación máis competitivos do Sistema galego de I+D+i

1T

Ignicia Transferencia de coñecemento

Mellorar os procesos ligados á identificación, valorización e comercialización de resultados de investigación

1T

EMPRENDEMENTO INNOVADOR

Aceleradoras de innovación e business factories

Apoio ao emprendemento innovador

1T 2T 3T 4T

FINANCIAMENTO

 

 

 

Préstamos IFI Innova

Préstamos ás pemes galegas para fortalecer a súa capacidade innovadora

1T 2T 3T 4T

Fondos de capital risco

Fondos para proxectos con marcado carácter innovador

1T 2T 3T 4T

INNOVACIÓN EMPRESARIAL

 

 

 

 

 

Innova Peme

Plans para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes

     2T

Deseño para a Innovación

Axudas para a incorporación do deseño en empresas, especialmente pemes, com instrumento innovador e competitividade

1T

Conecta Hubs

Proxectos en colaboración nas áreas estratéxicas dos Hubs galegos de Innovación Dixital

1T

Conecta Hubs liña Covid-19

Proxectos en colaboración nas áreas estratéxicas dos Hubs galegos de Innovación: líña Covid-19

     2T

Bonos Hubs

Axudas ás pemes para o finanzamento de servizos dos Hubs galegos de Innovación Dixital

          3T

Reacciona Innovación

Servizos avanzados a empresas para a mellora da súa competitividade a través da innovación

1T 2T 3T 4T

Apoio á participación en H2020

Axudas para o apoio á preparación de propostas e desenvolvemento de proxectos presentados ao Programa Horizonte 2020 (selo de excelencia)

          3T 4T

 

Expresións de interese abertas dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

No marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España, financiado con fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias de expresións de interese que se atopan actualmente abertas.

Novas

Ver todas

02 de Febreiro de 2021

A Xunta reforza o compromiso cunha economía baseada no coñecemento coa posta en marcha da comisión interdepartamental de I+D+i

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe o compromiso da Xunta cunha economía baseada no coñecemento, coa posta en marcha da comisión interdepartamental de I+D+i.

Ler máis

29 de Xaneiro de 2021

A Xunta destaca a capacidade de adaptación da BFFood e na próxima convocatoria prestará especial atención á innovación para facer fronte á covid-19

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, de xeito telemático, na demoday da segunda edición da Business Factory Food (BFFood), onde destacou a capacidade de evolución e adaptación desta aceleradora centrada na alimentación e que na próxima convocatoria prestará especial atención, tamén, á innovación fronte á covid-19.

Ler máis

Eventos

Ver todas
05
Marzo

Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i”. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de i+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da i+D.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.