Ver a versión en liña

Programa Ignicia Transferencia de coñecemento.

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación informou hoxe ao Consello da Xunta sobre a posta en marcha da terceira edición do programa Ignicia, en colaboración coa Fundación Barrié. Este programa inclúe, por un lado, o próximo lanzamento dunha convocatoria pública co obxectivo de seleccionar en torno a sete proxectos con capacidade de xerar beneficios sociais e económicos. Por outro lado, desenvolveranse diferentes accións de investigación que teñen por obxecto reforzar as capacidades dos xestores de transferencia e formar ao persoal investigador en competencias para a transferencia.

Convocatoria de selección de proxectos de investigación con potencial comercial

 

Apoiaránse arredor de 7 proxectos de organismos de investigación galegos con capacidade de xerar beneficios sociais e económicos.

Cada proxecto apoiado poderá recibir un investimento medio de 400.000 euros para financiar o desenvolvemento das aplicacións comerciais dos proxectos.

Esta achega inclúe entre as súas condicións a devolución dos intereses, no suposto de que o proxecto financiado xere resultados no mercado.

Os retornos que a Xunta vaia obtendo dos proxectos apoiados volveranse empregar para o investimento en novos proxectos.

As propostas que se presenten pasarán por un proceso de avaliación en dúas fases no que participa un panel de expertos internacionais de Oxentia, a empresa de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford, xunto con expertos da Fundación Barrié e de Gain.

Ademais do investimento, o Programa Ignicia ofrece aos seus beneficiarios:

Asesoramento e contacto con potenciais socios ou clientes.

Acompañamento durante todo o proceso de comercialización.

Recoñecemento. O programa pon en valor as tecnoloxías galegas máis relevantes desde un punto de vista científico e de negocio e apoia tanto a creación de empresas tecnolóxicas que poidan competir a escala global como a transferencia por medio de licenzas aos actores máis relevantes do sector.


Balance do apoio a proxectos nas convocatorias anteriores:
  • 16 proxectos financiados
  • 7M€ investimento global
  • 7 spin-offs creadas, 8 acordos de licenza asinados e 3 acordos de investimentos
  • Crearon ou mantiveron o emprego de 123 profesionais de alta cualificación
Accións de capacitación, valorización e comercialización de resultados da I+D

O programa Ignicia promove tamén dende 2019 accións para reforzar as capacidades dos xestores de transferencia con formación acreditada a nivel internacional e capacitación no desenvolvemento de competencias en transferencia para o persoal investigador. Nelas participaron  máis de 150 xestores de transferencia e 18 investigadores vinculados a universidades, centros tecnológicos, o CSIC e o sistema galego de saúde.  Para o ano 2021 está previsto:

  • Formación para Xestores de Transferencia (Registered Technology Transfer Professionals RTTP): Completarase o programa formativo cun curso sobre xestión da propiedade industrial e intelectual e ofrecerase un servizo de titorización para a preparación do caso práctico aos xestores que dispoñan da puntuación suficiente para tramitar a certificación RTTP. Este curso, titulado "IP and Market Strategy", desenvolverase do 12 ao 16 de abril en horario de mañá ou de tarde. O prazo de inscrición abrirase un mes antes do inicio do curso.
  • Formación para investigadores: Programa de capacitación en xestión de transferencia dirixido a persoal investigador posdoc e formación en competencias transversais sobre transferencia para o persoal investigador. O primeiro curso, titulado “Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i” e que se celebrará do 5 de marzo ao 14 de maio de 2021 en sesións semanais, ten actualmente aberto o prazo de inscrición ata o 26 de febreiro a través da seguinte ligazón.

Novas

Ver Todas

11 de Febreiro de 2021

A Xunta avanza a posta en marcha de novas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Ponteceso na presentación do proxecto do equipo do IES Eduardo Pondal no certame CanSat, organizado pola Axencia Espacial Europea (ESA) e coordinado en Galicia pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través de Gain, e pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ler máis

09 de Febreiro de 2021

Conde destaca que a Xunta impulsa unha economía máis sustentable que garante a reactivación a través da transformación ecolóxica e industrial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe na súa comparecencia a petición propia no Parlamento para presentar as liñas estratéxicas do seu departamento, que a Xunta impulsa unha economía máis sustentable que garante a recuperación a través da transformación ecolóxica e industrial. Para contribuír a este obxectivo, apostou pola colaboración entre todos os axentes e avanzou que a Consellería xa aprobou, no marco do Plan de reactivación, 28.000 solicitudes de apoio por valor de 270 millóns de euros.

Ler máis

05 de Febreiro de 2021

A Xunta destaca o potencial innovador das pemes galegas do sector aeroespacial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitaron esta mañá a sede de Aerocámaras en Lalín. Trátase dunha empresa con preto de 15 anos de antigüidade especializada no sector dos drons, cuxas principais actividades son a formación de pilotos profesionais de drons, a xestión aeronáutica, a xestión de servizos profesionais con drons e o desenvolvemento de aeronaves non tripuladas.

Ler máis

Eventos

Ver Todas
05
Marzo

Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso “Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i”. Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de i+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da i+D.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.