Ver a versión en liña

A AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN REFORZA AS SÚAS INICIATIVAS DE APOIO AO DESEÑO COMO FERRAMENTA DE COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL

Dende a posta en marcha do Programa de Deseño para a Innovación en 2018, a Xunta de Galicia logrou dinamizar as relacións entre os axentes do deseño galego e o tecido empresarial para establecer pontes de coñecemento mutuo e colaboración. Agora, o programa dá un paso máis sumando a sustentabilidade como novo reto, coa vista posta nos vindeiros catro anos.

As iniciativas máis inmediatas da Axencia Galega de Innovación (Gain) ligadas á posta en marcha do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 son:

  • A convocatoria das axudas do novo programa Deseña Peme, que será publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG). Estas axudas están destinadas ás pemes para apoialas no desenvolvemento de proxectos de deseño de produto, servizos, experiencias e marcas ou identidade corporativa.
  • O Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que volve o próximo 29 de xuño ao CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) en formato mixto presencial-virtual para conmemorar, por cuarto ano consecutivo, o Día Mundial do Deseño Industrial
  • O programa do encontro inclúe, ademais da presentación do novo Programa de Deseño:
    • Relatorios e mesas redondas sobre deseño para a sustentabilidade, a transición cara a economía creativa, a iniciativa New European Bauhaus e o posicionamento de Galicia como referencia sustentable, transformadora e diferencial. Nelas participarán expertos como os deseñadores estratéxicos Alberto Barreiro e Manuel Vázquez, o deseñador gráfico e industrial Frederico Duarte e a directora de sustentabilidade de IKEA España, Mónica Chao.
    • Exposición de proxectos de innovación aberta participados ou liderados por empresas galegas –Marsan, Atendo Calidad  e SETGA– nos que o deseño é o elemento clave para a lograr produtos ecoeficientes e ligados á innovación responsable.
PROGRAMA E INSCRIPCIÓN

Podes consultar o programa clicando aquí

A inscrición para a asistencia presencial estará aberta ata completar o aforo permitido con base nas restriccións sanitarias, o evento poderá seguirse tamén en streaming.

Accede ao formulario de inscrición neste enlace.

Manifestacións de interese

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas.

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

Ler máis

14 de Xuño de 2021

A Xunta avanza co Inta no deseño do polo aeroespacial de 2025 co obxectivo de consolidar Galicia como un referente no sector

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá en Madrid unha reunión de traballo co director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom, para avanzar no deseño da Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025. Na cita, na que tamén estivo presente a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacouse a importancia de contar coa colaboración do organismo público dependente do Ministerio de Defensa para posicionar Galicia, a través das instalacións situadas en Castro de Rei (Lugo), como un referente no sector e impulsar así o seu crecemento económico.

Ler máis

14 de Xuño de 2021

A Xunta difunde o potencial dos novos materiais capaces de captar enerxía creados por empresas e centros de coñecemento galegos

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (Gain), organiza o vindeiro 18 de xuño un novo workshop sobre materiais innovadores con capacidade para contribuír á competitividade empresarial. Nesta ocasión, os protagonistas serán os materiais capaces de captar enerxía de xeito limpo e eficiente, que presentan un gran potencial para contribuír á oferta de fontes sustentables e diversas ante unha demanda enerxética en continuo aumento.

Ler máis

13 de Xuño de 2021

A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para a consolidación dos centros tecnolóxicos

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), seguirá apostando polo talento e a I+D+i galega para impulsar o labor dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación coa convocatoria para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas. En total, a Xunta destinará 6,2 millóns de euros a estes centros co obxectivo de potenciar as súas liñas estratéxicas de investigación e a súa transferencia ao mercado.

Ler máis

Eventos

Ver todos
18
Xuño

Digital innovation Hubs (DIH) e servizos da Enterprise Europe Network

A GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network organiza o próximo 18 de xuño unha xornada telemática na que se van a presentar as actividades que xa están realizando os Digital Innovation Hubs do noroeste de España (Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia) e a Enterprise Europe Network. O obxectivo é conseguir que as empresas se poidan beneficiar dos servizos que ambas redes lles ofrecen.

Ler máis
18
Xuño

Workshop online Materiais para a captación de enerxía

A Materioteca de Galicia continúa a súa programación de workshops o vindeiro 18 de xuño centrándose nos materiais para a captación de enerxía. Representantes dunha empresa e de tres centros de coñecemento galegos presentarán as súas innovacións neste campo durante o evento online o organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Ler máis
21
Xuño

Introdución aos partenariados europeos para a innovación e o seu futuro no período 2021-2027

Os partenariados son un punto de encontro da Comisión Europea e actores públicos e privados adicados a conferir una visión estratéxica para a investigación e a innovación que de resposta aos principais retos europeos. Ter una visión clara dos partenariados, entender a súa orixe e funcionamento, así como aprender a mellor forma de establecer vínculos con eles; se presenta como imprescindible para mellorar o posicionamento de calquera entidade ou mesmo dunha rexión enteira como Galicia – Norte.

Ler máis
28
Xuño

I Encontro universidade-empresa. Innovación e emprendemento: infraestruturas, portos e enerxías renovables mariñas (28 a 30 de xuño)

A GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio SHERPA DO MAR organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecimento e o networking entre a comunidade investigadora e o mundo empresarial do ámbito mariño-marítimo.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.