Ver a versión en liña

Galicia celebra a VI edición de UNVEX, o maior evento dos sistemas non tripulados de España

Os días 7, 8 e 9 de xullo celebrarase en Galicia UNVEX 2021, o maior evento dos sistemas non tripulados en España, coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Polo Aeroespacial de Galicia, UNVEX'21 constituirá un punto de encontro para o sector, e porá o foco no uso dos vehículos non tripulados nos servizos públicos que presta a Administración.

A elección de Galicia para esta sexta edición de UNVEX supón un recoñecemento ao traballo realizado nos últimos cinco anos no Polo Aeroespacial de Galicia para converter a industria aeroespacial nun dos sectores estratéxicos da rexión e unha proba de que xa somos unha referencia no mapa da industria dos sistemas e vehículos non tripulados.

CONFERENCIAS, DEMOSTRACIÓNS E EXPOSICIÓN

O congreso terá lugar na Cidade da Cultura, onde se desenvolverá un completo programa de conferencias e se amosarán as novidades presentadas por máis de 60 empresas na área de exposición, incluídos os avances da industria galega do sector. Desenvolveranse ademais no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) e na Escola Naval de Marín demostracións de sistemas e vehículos aéreos e mariños non tripulados

ENLACES DE INTERESE

Acceso á exposición e ao espazo Ágora (gratuíto con rexistro previo).

Podes  visitar aquí a web da UNVEX.

Manifestacións de interese

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

30 de Xuño de 2021

A Xunta apela á visión de equipo coa que naceu a Bfauto para afrontar os retos da mobilidade sustentable, segura e conectada

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apelou hoxe á visión de equipo coa que naceu a Business Factory Auto (BFAuto) para afrontar o marco de oportunidades que traen os fondos europeos para o sector da automoción e avanzar cara a unha mobilidade sustentable, segura e conectada.

Ler máis

29 de Xuño de 2021

A Xunta destaca a colaboración entre os axentes como unha das fortalezas do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, clausurou esta tarde a entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas e o Premio RAGC de Divulgación Científica, onde destacou a capacidade do sistema galego de innovación para responder desde o primeiro momento aos retos e desafíos derivados da pandemia e puxo en valor a colaboración entre os axentes do sistema para innovar, un factor identificado como unha das fortalezas do ecosistema galego de innovación.

Ler máis

27 de Xuño de 2021

A Xunta celebra o IV Encontro de Deseño para a Innovación co foco no reto climático, a transformación dixital, a competitividade empresarial e o benestar social

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de innovación (Gain), organiza o vindeiro martes 29 de xuño a cuarta edición do seu Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que volve ao CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) en formato mixto, presencial-virtual, para conmemorar o Día Mundial do Deseño Industrial.

Ler máis

26 de Xuño de 2021

A Xunta destaca o efecto transformador das actividades que fomentan as vocacións científicas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na clausura das Aulas Isidro Parga Pondal organizadas pola Fundación Eduardo Pondal co apoio da Xunta de Galicia na aldea do Couto (Ponteceso). Desde a súa posta en marcha, no ano 2015, pasaron por esta actividade de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade máis dun cento de rapazas e rapaces.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.