Ver a versión en liña

Foro Ignicia: situación da transferencia de coñecemento en Galicia

O vindeiro 16 de xullo a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié celebran o ''Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia'', un evento híbrido (presencial e online) dirixido a todo o ecosistema galego de I+D+i.

O obxectivo deste foro é compartir coñecemento sobre a situación da valorización dos resultados de investigación xerados en Galicia, así como abrir un marco de reflexión e de actuación de cara ao futuro.

Presentación de dous estudos promovidos por Gain e a Fundación Barrié
  • A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018.
  • Análise organizativo e funcional das unidades de transferencia do Sistema Galego de I+D.
Reflexións e presentación de conclusións

Presentación das conclusións sobre o escenario da transferencia en Galicia, na contorna nacional e europea, a cargo de Fernando Galindo-Rueda, economista sénior da Dirección de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), e Rogelio Conde-Pumpido, coordinador do estudo ''A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018''.

Claves

Presentación das claves do Programa Ignicia: A Transferencia de Coñecemento, unha visión xeral que se completará coa experiencia dos promotores de dúas spin-off apoiadas polo fondo de proba de concepto asociado ao programa -ALiCE Biometrics e Celtarys- e coa análise sobre a interacción empresa-universidade ante os novos retos socioeconómicos, a cargo de Antonio Abril, presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Desenvolvemento profesional

Visión sobre o desenvolvemento profesional de xestores/as e investigadores/as, presentada por Fernando Conesa, xefe do Servizo de Promoción e Apoio á Investigación, Innovación e Transferencia na Universidad Politécnica de Valencia.

Programa e inscrición

Programa do evento.

Formulario de inscrición para asistencia online.

Manifestacións de interese

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

06 de Xullo de 2021

CONDE ASEGURA QUE GALICIA ESTÁ PREPARADA PARA AFRONTAR NOVOS RETOS NA INDUSTRIA AEROESPACIAL A TRAVÉS DA ESTRATEXIA 2025 E DE EMPRESAS COMO CENTUM

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Vigo as instalacións da empresa Centum, unha das participantes nos proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia. Conde subliñou que a Comunidade está preparada para afrontar novos retos na industria aeroespacial grazas á Estratexia 2025, pero tamén ao talento de compañías como Centum.

Ler máis

05 de Xullo de 2021

MÁIS DUN CENTO DE EXPERTOS E PRETO DE 70 EMPRESAS PUNTEIRAS DO SECTOR DOS VEHÍCULOS NON TRIPULADOS EXPORÁN E ANALIZARÁN EN GALICIA AS NOVAS TECNOLOXÍAS E USOS DOS DRONS NA SEXTA EDICIÓN DE UNVEX

Unvex, o maior evento de vehículos non tripulados que se celebra en España, dará cita aos principais expertos nacionais e internacionais e empresas do sector os días 7, 8 e 9 de xullo na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, na Escola Naval de Marín e no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) en Castro de Rei (Lugo).

Ler máis

04 de Xullo de 2021

A XUNTA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS PRIMEIRAS AXUDAS ESPECÍFICAS PARA IMPULSAR O DESEÑO NAS PEMES GALEGAS

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para DeseñaPeme, a primeira liña de axudas específicas para que as microempresas e pemes galegas poidan mellorar a súa capacidade de innovación e sustentabilidade a través da incorporación e a xestión do deseño estratéxico. A través desta convocatoria, que permanecerá aberta ata o 2 de agosto, serán apoiados ao redor de 50 proxectos a través dun investimento público de 1,5M€.

Ler máis

02 de Xullo de 2021

O CESGA INSTALARÁ UN NOVO SUPERCOMPUTADOR QUE SITUARÁ A GALICIA COMO REFERENTE NO MUNDO DA COMPUTACIÓN CUÁNTICA

O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), dependente da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), está en proceso de instalación dun novo supercomputador, o Finisterrae III, que multiplicará por doce a capacidade de computación do anterior, aumentado así a súa potencia de cálculo e sendo capaz de resolver 4.000 billóns de operacións matemáticas por segundo.

Ler máis

Eventos

Ver todas
13
Xullo

O XEMELGO DIXITAL: CONCEPTUALIZACIÓN, PRESENTE E FUTURO

Esta xornada organizada por CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación, dentro do ciclo ''Encontros de Tecnoloxías Innovadoras'' ten por obxectivo que empresas deseñadoras e fabricantes de produtos ou de instalacións industriais teñan a oportunidade de analizar o seu futuro inmediato no que ademais dunha réplica en 3D dos seus equipos e instalacións esixiráselles, tanto por parte de grandes fabricantes como do seu cliente final, toda a información sobre sensores, actuadores e as súas interconexións.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.