Ver a versión en liña

Convocatorias e premios da Axencia Galega de Innovación abertos

A Axencia Galega de Innovación (Gain) ten actualmente abertas dúas convocatorias de axuda e dous premios. Trátase das novas liñas de axuda DeseñaPeme e Conecta Covid e os Premios Galicia de Innovación e Deseño 2021 e Empregados/as Públicos/as Innovadores/as.

Obxecto: Axudas á incorporación do deseño en pemes e microempresas galegas como ferramenta de innovación e sustentabilidade.

Modalidades: Tres modalidades:

  • Deseño de produto
  • Deseño de servizos e experiencias
  • Deseño de marca e identidade corporativa

Prazo de presentación de solicitudes: 2/08/2021

Orzamento total: 1.500.000 €

Intensidade da axuda: 50% dos custos de implementación incluídos no “Proxecto de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade”. Axudas entre 5.000€ e 100.000€.

Destinatarios: Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais.

Máis información neste enlace.

Obxecto: Subvencionar proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en produto, que aborden a investigación relacionada coa covid-19 para facer fronte á pandemia.

Liñas: Tres modalidades:

  • Liña 1: proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental.
  • Liña 2: proxectos de innovación en produto.

Prazo de presentación de solicitudes: 13/08/2021

Orzamento total: 4.000.000 €

Intensidade da axuda: Entre 5.000€ e 100.000€.

Destinatarios: Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais.

Máis información neste enlace.

Obxecto: Recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.

Categorías Sección innovación:

  • Traxectoria innnovadora: 15.000 €. Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos.
  • Pequena e mediana empresa: 15.000 €. Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos.
  • Grande empresa: premio honorífico. Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década.

Categorías Sección deseño:

  • Profesionais: 15.000 €. Profesionais do deseño cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
  • Deseñadores/as mozos/as: 15.000 €. Creadores de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.
  • Empresas: premio honorífico. Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial, como mínimo, durante a última década.

Prazo de presentación de solicitudes: 13/10/2021

Máis información neste enlace.

Obxecto:Recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.

Categorías:

  • Identificación de oportunidades: premiarase a identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro de Administración.
  • Proxecto coa temática máis innovadora: premiaranse proxectos innovadores xa realizados ou en curso.

Prazo de presentación de solicitudes: Ampliado ata o 18/08/2021

Candidaturas: Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a), 4.c) e 4.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Máis informaciónneste enlace.

Manifestacións de interese

Convocatorias de I+D+i

Novas

Ver todas

12 de Xullo de 2021

A Xunta e a Fundación Barrié celebran o Foro Ignicia para explorar as oportunidades de futuro da transferencia de coñecemento en Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), e a Fundación Barrié celebran o próximo 16 de xullo o Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia, un evento dirixido a todo o ecosistema galego de I+D+i co fin de explorar as oportunidades de futuro que se abren para a posta en valor dos resultados de investigación xerados nel.

Ler máis

11 de Xullo de 2021

Galicia lidera a captación de fondos nas axudas do CDTI para centros tecnolóxicos de excelencia

 Galicia lidera a captación de fondos nas axudas do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) destinadas a apoiar a investigación dos centros tecnolóxicos de excelencia Cervera. En concreto, son cinco os centros tecnolóxicos da Comunidade que suman en total máis de 5 millóns de euros dos 19,38M€ concedidos provisionalmente (un 26%) e, a través desta convocatoria, fináncianse 5 proxectos, nos cales as entidades galegas participan en catro deles e lideran dous.

Ler máis

09 de Xullo de 2021

A Xunta inclúe, no marco do Polo Aeroespacial 2025, axudas para a internacionalización das empresas galegas vencelladas a este sector industrial

 O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou que, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia 2025, a Xunta inclúe axudas para a internacionalización das empresas galegas vinculadas a este sector industrial. Anunciou este novo compromiso do Goberno galego durante a visita desta mañá ao aeródromo de Rozas, na que presenciou as demostracións aéreas que se celebraron dentro da programación de Unvex21, o maior evento de vehículos aéreos non tripulados en España que por primeira vez se celebra en Galicia.

Ler máis

Eventos

Ver todos
16
Xullo

Foro Ignicia: a transferencia de coñecemento en Galicia

A Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Fundación Barrié celebran o vindeiro 16 de xullo o Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia, un evento de carácter mixto presencial-virtual, con retransmisión en streaming. O obxectivo deste foro é compartir coñecemento sobre a situación da transferencia de resultados de investigación en Galicia en relación co contexto español e europeo, así como abrir un marco de reflexión e de actuación de cara ao futuro.

Ler máis
19
Xullo

Presentación da convocatoria Conecta Covid

Na xornada participarán Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), e Fernando Guldrís, director do IGAPE, xunto con María Luisa Boquete, directora da Área de Programas de Gain e María Hortensia Méndez, técnico de Gain que resolverá todas as dúbidas relativas a este programa de axudas.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.