Ver a versión en liña

RIS3, AVANZANDO CARA A INNOVACIÓN DO FUTURO EN GALICIA

Despois de meses de intenso traballo seguimos avanzando na definición conxunta da Estratexia Galega de Especialización Intelixente. En concreto, nesta fase, centrarémonos en tres aspectos: o novo marco de apoios, o asesoramento estratéxico e a cidadanía.

O NOVO MARCO DE APOIOS

Tras un proceso participativo con máis de 400 axentes no que traballamos sobre os desafíos, oportunidades e prioridades que marcarán o camiño da innovación en Galicia nos próximos anos, proseguimos coa reflexión sobre os apoios máis adecuados para acadalos.

Centrarémonos en deseñar un marco de axudas que sexa máis flexible e adaptado ás necesidades do ecosistema galego de innovación, que xere un maior impacto e que sexa máis integrador e colaborativo.

Afondaremos tamén na colaboración público-privada.

 

VALIDACIÓN DE EXPERTOS

Contaremos co apoio de órganos consultivos e grupos de expertos nacionais e internacionais que nos permitirán reflexionar sobre os primeiros resultados obtidos das reunións cos axentes e aportar recomendacións de mellora. Os primeiros pasos serán encontros co Consello Económico e Social de Galicia, co Grupo de expertos e co Consello Asesor Internacional RIS3 Galicia que, coa súa visión, contribuirán a enriquecer a Estratexia.

 

SOCIEDADE: CONSULTA CIDADÁ

Todos os galegos e galegas temos a oportunidade de aportar a nosa visión sobre os grandes obxectivos que queremos para Galicia de cara aos próximos anos.

Cada opinión conta. Non perdas a oportunidade de ser partícipe do futuro de Galicia e cumprimenta o seguinte cuestionario. Tan só tardarás 3 minutos. É rápido. É sinxelo. É anónimo. Convidámoste a participar.

Podes acceder á consulta no seguinte enlace.

 

Grazas a todas e todos os que estades a participar neste proceso clave para o futuro de Galicia.

Se queres saber máis sobre a RIS3 Galicia, visita a nosa web e séguenos nas redes sociais da Axencia Galega de Innovación.

RIS3 GALICIA

Convocatorias de I+D+i

A Xunta de Galicia conta cunha páxina web, www.nextgenerationgalicia.gal, na que inclúe información actualizada sobre estes instrumentos financeiros mobilizados pola Unión Europea co obxectivo de acelerar os programas de reformas e investimentos nos próximos anos.  Nela dispós dunha sección dedicada a convocatorias abertas, ademais de novas, normativa e eventos, entre outra información de interes.

Novas

Ver todas

31 de Agosto de 2021

A Xunta e DATAlife asinan un convenio de colaboración para afianzar a transformación dixital das pemes galegas

 A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), vén de asinar un convenio de colaboración co Hub de innovación dixital DATAlife co obxectivo de afianzar o crecemento desta entidade estratéxica para facer de Galicia unha rexión de referencia en Europa en bioeconomía, sustentabilidade e saúde. Así, o Goberno autonómico destina 291.420 euros para seguir apostando pola transformación dixital a través do apoio aos Hubs de Innovación Dixital galegos como xanelas únicas de acceso a tecnoloxías punteiras e demais ferramentas que permitan ás pemes avanzar cara a súa dixitalización.

Ler máis

26 de Agosto de 2021

Un total de 24 proxectos de I+D+i relacionados coa pandemia aspiran ás axudas do programa Conecta Covid da Xunta

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), recibiu solicitudes para financiar 24 proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados a facer fronte á pandemia da covid-19 no marco da convocatoria do programa de axudas Conecta Covid. Así, 21 destas iniciativas están relacionadas coa investigación industrial e desenvolvemento experimental relacionado coa covid-19, mentres que as 3 restantes enmárcanse no eido da innovación en produto vinculada tamén a pandemia.

Ler máis

Eventos

Ver todos
06
Setembro

Curso online ''Formación executiva para investigadores/as posdoutorais''

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso online ''Formación executiva para investigadores/as posdoutorais''. Este curso, de carácter gratuíto, enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador posdoutoral.

Ler máis
07
Setembro

Proxecto Marie

Webinars sobre responsabilidade, sostibilidade e cooperación interrexional para a recuperación e o crecemento, os días 7, 8 e 9 de setembro.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.