Ver a versión en liña

PREMIOS GALICIA DE INNOVACIÓN E DESEÑO 2021

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), mantén aberta ata o 13 de outubro a convocatoria dirixida aos mellores profesionais e empresas do deseño e da innovación de Galicia.

Convocatoria

A convocatoria dos Premios Galicia de Innovación e Deseño, que celebran a súa segunda edición, enmárcase no Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 (DIFERENZA).

Premios para a innovación

Tres categorías de innovación:

  • Traxectoria innnovadora.
    • Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.
    • Dotada cun premio de 15.000 €.
  • Pequena e mediana empresa.
    • Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos.
    • Dotada cun premio de 15.000 €.
  • Grande empresa.
    • Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década.
    • Con carácter honorífico.
Premios para o deseño

Tres categorías de deseño:

  • Profesionais.
    • Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
    • Dotada cun premio de 15.000 €.
  • Deseñadores/as mozos/as.
    • Creadores de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.
    • Dotada cun premio de 15.000 €.
  • Empresas.
    • Empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década.
    • Con carácter honorífico.
Outra información

Accede ás bases e a toda a información clicando aquí.

 

Convocatorias de I+D+i

A Xunta de Galicia conta cunha páxina web, www.nextgenerationgalicia.gal, na que inclúe información actualizada sobre estes instrumentos financeiros mobilizados pola Unión Europea co obxectivo de acelerar os programas de reformas e investimentos nos próximos anos.  Nela dispós dunha sección dedicada a convocatorias abertas, ademais de novas, normativa e eventos, entre outra información de interese.

Novas

Ver todas

07 de Setembro de 2021

O polo aeroespacial de Galicia xerou máis de 26 M€ de negocio entre as 28 pemes galegas participantes

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou en Lugo a empresa de base tecnolóxica 3edata Ingeniería Ambiental, nacida da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e dedicada a tecnoloxías de información xeográfica e consultoría especializada no sector ambiental. Ademais, esta peme lucense ten participado en varios proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia, o que lle permitiu xerar cinco novos empregos e facturar máis de medio millón de euros en contratos dentro da iniciativa.

Ler máis

03 de Setembro de 2021

Publicada a licitación para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador avanzado de xestión do tráfico aéreo

 A Xunta informa de que colabora co Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI) do Ministerio de Ciencia e Innovación na licitación de Compra Pública Precomercial para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun entorno de simulación avanzado de xestión do tráfico aéreo.

Ler máis

02 de Setembro de 2021

A Xunta impulsa o Observatorio da Industria Aeroespacial en colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego

 O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recordou que a Xunta de Galicia segue apostando pola internacionalización e dixitalización das empresas galegas nun sector económico emerxente en Galicia como o sector aeroespacial. Neste senso, Feijóo avanzou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Consorcio Aeronáutico Galego por importe de case 600.000 euros durante tres anos para impulsar o Observatorio da Industria Aeroespacial en Galicia.

Ler máis

01 de Setembro de 2021

A Xunta destaca o efecto tractor de Cupa Group na transformación dixital do sector da lousa e a pedra natural en Galicia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá a aposta de Cupa Group pola transformación dixital nun sector tan estratéxico en Galicia como é o da lousa e a pedra natural. Durante unha visita ás instalacións da compañía en Sobradelo de Valdeorras, fixo referencia a que este investimento contribúe non só ao aumento da súa produtividade e competitividade, senón que xera un efecto tractor sobre outras moitas empresas, especialmente pemes.

Ler máis

Eventos

Ver todos
16
Setembro

Oportunidades de financiamento en cascada

O financiamento en cascada é un mecanismo da Comisión Europea (CE) para distribuír fondos públicos co obxectivo de apoiar ás pemes e empresas de mediana capitalización na integración e desenvolvemento da innovación tecnolóxica. Na xornada de presentación do 16 de setembro farase unha introdución aos mecanismos e metodoloxía de financiamento en cascada, así como a metodoloxía de traballo que se seguirá nos talleres dos días 20 e 21 de setembro, nos que se presentarán as convocatorias abertas dos proxectos Digicerc, Galatea, Al Plan4EU e i-nergy.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.