Ver a versión en liña

FESTIVAL DE INNOVACIÓN SOCIAL: ARES INNOVA 2021

O concello de Ares convértese durante dúas semanas no escenario dun gran festival que busca achegar a cultura da innovación a público de todas as idades. Talleres, exposicións, charlas, música, danza, pintura, artesanía… actividades para coñecer, experimentar e compartir en comunidade o último día do festival, o 9 de outubro.

INNOVACIÓN PARA AS PERSOAS

A innovación social vén collendo forza pola súa capacidade para resolver os problemas máis cercanos ás persoas, mediante novos produtos, servizos e modelos relacionados coa economía sustentable e colaborativa e a inclusión social. A nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027, en proceso de definición, incorpóraa como eixe fundamental. 

Neste marco, os días 1, 2 e 9 de outubro, a Xunta de Galicia celebra nas vilas de Montefaro, Redes e Ares o Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021, unha cita para todos os públicos co obxectivo de conectar os galegos e galegas na búsqueda de solucións innovadoras a retos económicos, sociais e medioambientais do contextto actual, polo que a participación das comunidades locais é un elemento central.

DESEÑO, ARTE, CULTURA E INNOVACIÓN

As actividades do evento combinan deseño, arte, cultura e innovación nun ambiente distendido. O 9 de outubro, último día do festival, concentrará as actividades pensadas para a participación de público de todas as idades:

  • Charla inspiradora sobre a importancia de innovar e de implicarse no proceso a nivel individual e colectivo e faladoiro sobre a economía do mar.
  • Talleres de innovación para familias nos que se combinarán as tecnoloxías abertas, a ciencia mariña e a arte co enfoque da cultura maker.
  • Presentación dos resultados do proxecto piloto RuralLab, que se está a desenvolver a través de residencias creativas de expertos en innovación social e procesos de reflexión compartida coa comunidade local sobre os retos sociais, económicos e ambientais de Ares.
  • Espazos de participación cidadá para definir retos compartidos. 
  • Performance na que se mesturarán o debuxo e a tecnoloxía.
Enlaces de interese

A web particular do evento está neste enlace, e aquí tes o programa do evento.

Convocatorias I+D+i

A Xunta de Galicia conta cunha páxina web, www.nextgenerationgalicia.gal, na que inclúe información actualizada sobre estes instrumentos financeiros mobilizados pola Unión Europea co obxectivo de acelerar os programas de reformas e investimentos nos próximos anos.  Nela dispós dunha sección dedicada a convocatorias abertas, ademais de novas, normativa e eventos, entre outra información de interese.

Novas

Ver todas

29 de Setembro de 2021

A Xunta amosa a fortaleza do sector biotecnolóxico galego na Feira Biospain en Navarra

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), está a participar e colaborar coa feira Biospain, un dos eventos de referencia do sector biotecnolóxico en Europa. A Administración autonómica forma parte da delegación do sector galego –coa representación de Gain e a Axencia de Coñecemento en Saúde (Acis)–, xunto aos clústeres de Saúde e de Ciencias da Vida (Bioga), as tres universidades galegas e empresas.

Ler máis

29 de Setembro de 2021

A Xunta colabora con Boeing na posta en marcha na Tecnópole da súa primeira aula permanente de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas

A Xunta de Galicia colabora coa empresa Boeing e a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia na posta en marcha no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas da primeira Aula Newton de España. Trátase dunha grande oportunidade para que estudantes de entre 14 e 16 anos se acheguen ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) dun xeito innovador, empregando equipos de alta calidade, colaborando, debatendo e divertíndose.

Ler máis

27 de Setembro de 2021

Conde acompaña ao embaixador británico en España na súa visita ao Polo Aeroespacial de Galicia

 O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañou esta tarde ao embaixador do Reino Unido en España, Hugh Elliot, durante a súa visita ao Polo Aeroespacial de Galicia.

Ler máis

24 de Setembro de 2021

A Xunta recoñece no evento G-Night o relevante papel do persoal investigador na sociedade

 A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, visitou esta tarde as actividades que se desenvolveron no Vello Cárcere de Lugo no marco da Noite europea das persoas investigadoras (G-Night). Esta cita, que se celebra simultaneamente nas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo e, a nivel europeo, en máis de 360 localidades, forma parte dunha iniciativa para dar a coñecer o valor do traballo desenvolto polas científicas e científicos á sociedade.

Ler máis

Eventos

Ver todas
01
Outubro

Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021

A Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza os días 1, 2 e 9 de outubro o Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021. Este evento aberto á cidadanía terá lugar no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA.

Ler máis
07
Outubro

Vixilancia e Intelixencia no sector da automoción

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas.

Ler máis

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.