Ver a versión en liña

Aula Newton Galicia

Un dos principais activos dun país é o seu talento, por iso dende a Xunta de Galicia estamos interesados en espertar vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade para contar, o día de mañá, cun capital humano ilusionado e capacitado. Neste marco, dende a Axencia Galega de Innovación apoiamos e organizamos actividades de divulgación científica orientadas aos máis novos, como a Aula Newton Galicia.

Aula Newton Galicia

En colaboración coa multinacional Boeing e a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a finais de mes comezará a funcionar na Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense) a primeira Aula Newton permanente de España. 

Esta infraestrutura estará orientada a que estudantes de entre 14 e 16 anos se acheguen ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) dun xeito innovador, empregando equipos de alta calidade, colaborando, debatendo e divertíndose. A inscrición para os centros de ensino secundario galegos xa está aberta aquí

A Xunta apoia esta iniciativa no marco do programa “Voando alto, sumando vocacións” do Polo Aeroespacial de Galicia, que ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade para espertar o interese polas carreiras STEM, en especial, polo sector aeroespacial, en colaboración coas empresas Boeing, Indra e Babcock, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR). 

Convocatorias I+D+i

A Xunta de Galicia conta cunha páxina web, www.nextgenerationgalicia.gal, na que inclúe información actualizada sobre estes instrumentos financeiros mobilizados pola Unión Europea co obxectivo de acelerar os programas de reformas e investimentos nos próximos anos.  Nela dispós dunha sección dedicada a convocatorias abertas, ademais de novas, normativa e eventos, entre outra información de interese.

Novas

Ver todas

12 de Outubro de 2021

A Xunta lanza a convocatoria de axudas para o programa de Doutoramento Industrial

 A Xunta de Galicia vén de abrir a convocatoria de axudas do programa de Doutoramento Industrial, que ten como obxectivo favorecer a contratación de 15 estudantes do sistema universitario galego en empresas e centros tecnolóxicos con domicilio social ou centro de traballo en Galicia para que poidan desenvolver a súa tese.

Ler máis

10 de Outubro de 2021

A Xunta anima á cidadanía de Ferrolterra a colaborar na elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia

Ares Innova 2021 celebrou esta fin de semana a súa última xornada, na que a participación cidadá foi a gran protagonista co obxectivo de achegar a cultura innovadora a públicos de todas as idades. A Xunta de Galicia, a través da directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, que se achegou ata Ares o sábado día 9, agradeceu o elevado nivel de asistencia de familias da comarca de Ferrolterra, o que, segundo destacou, demostra o potencial que ten en Galicia a innovación social nacida do compromiso das comunidades locais.

Ler máis

05 de Outubro de 2021

A Xunta impulsa a creación do grupo de expertos que contribuirá á configuración da nova estratexia RIS3 de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na Cidade da Cultura na reunión do grupo de expertos creado para axudar no deseño da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia para o período 2021-2027. Un acto onde apostou pola participación de todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i para configurar a que será a folla de ruta da innovación en Galicia.

Ler máis

04 de Outubro de 2021

Conde destaca a aposta de CIMAlab pola innovación e o talento, o que lle supón unha vantaxe competitiva

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe a aposta de CIMALab pola innovación e o talento, o que lle supón unha vantaxe competitiva posto que é o único Servicio Técnico Oficial de legalización de reformas e homologación de vehículos en Galicia designado, tamén, como Servizo Técnico Europeo.

Ler máis

01 de Outubro de 2021

A Xunta presenta o proxecto piloto que permitirá levar a innovación rural e social a toda Galicia

A Xunta de Galicia desenvolverá catro proxectos de innovación social e rural baixo o nome de RuralLab, nos que a participación cidadá será un elemento prioritario. O primeiro deles, que se está a levar a cabo de xeito piloto no concello coruñés de Ares, presentouse hoxe no marco do Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021, un evento que continuará mañá e o próximo sábado día 9 para achegar a cultura da innovación a públicos de todas as idades.

Ler máis

30 de Setembro de 2021

A Xunta achega 11,6M€ ao Cesga para poñer en marcha as primeiras actuacións do polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia

O Consello da Xunta autorizou na súa reunión desta mañá a sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga) por importe de 11,6M€ para poñer en marcha as primeiras fases do Polo de Tecnoloxías Cuánticas, co que a Comunidade aspira a ser un referente neste eido de cara ao 2030.

Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Outubro

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Starting Grant 2022

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia á participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Ler máis
21
Outubro

Pílula online ''Como saber se unha imaxe ou unha información é ''fake''?''

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.