Ver a versión en liña

I Certame de Materiais Innovadores de Galicia

A Axencia Galega de Innovación invítate a presenciar en streaming o acto de peche do Certame de Materiais Innovadores de Galicia. Terá lugar o 3 de novembro, coincidindo co Día Mundial dos Materiais, e nel daranse a coñecer os seleccionados nesta primeira edición.

Entre as 80 candidaturas presentadas ao I Certame de Materiais Innovadores, resultaron preseleccionadas dúas finalistas por cada unha das categorías.

Artesanía:

  • Algodón tintado con Camellia sinensis (tecido con protección solar e libre de alérxenos e tóxicos). Tusbaki Diseño.
  • D-Leite (tecido de la meiriña e fibra de proteína láctea ecolóxica). Inés RIR & Co Diseño Textil Artesano.

Empresa:

  • Peroxibiokey (aceite vexetal con propiedades antisépticas, cicatrizantes, rexenerativas e antioxidantes). Keybiological.
  • Celtacal (abono orgánico elaborado con cuncha de mexillón). Ecocelta Galicia.

Investigación:

  • Recubrimento condutor térmico e eléctrico (material de confort para interior de vehículos de transporte, mobiliario, téxtil, etc.). Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
  • Viga alixeirada de madeira Ecotimbercell (sistemas estruturais celulares ecolóxicos de madeira e derivados). Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela.

Empresa & Investigación:

  • Formigóns en masa e morteiros de revestimento con áridos reciclados da industria conserveira (material de construción elaborado a partir de cuncha de mexillón). Consorcio Biovalbo (Extraco & Grupo de Construción da Universidade da Coruña).
  • Mestura bituminosa en frío aditivada con nanocelulosa (biopavimento alternativo ao asfalto convencional). Misturas, Obras e Proxectos & Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña.

Descubre os materiais seleccionados en cada categoría asistindo ao evento en streaming. Inscríbete aquí.

Convocatorias I+D+i

Convocatorias Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Podes atopar outra información actualizada na páxina da Xunta de Galicia   www.nextgenerationgalicia.gal.

Novas

Ver todas

20 de Outubro de 2021

A Xunta colabora con 12,2M€ para que Stellantis Vigo teña unha gama completamente electrificada en 2025

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe o alcance do proxecto que lidera Stellantis Vigo xunto con CTAG, Aimen, Gradiant e a Universidade de Vigo, para seguir avanzando no vehículo eléctrico, que conta cunha achega da Xunta de 12,2M€ no marco do programa Fábrica Intelixente e Sostible.

Ler máis

19 de Outubro de 2021

A Xunta destina 27,4 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para a consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe a aposta da Xunta de Galicia no desenvolvemento do Polo Aeroespacial de Galicia, facendo referencia aos 27,4M€ que destinará o Goberno autonómico a esta iniciativa a través dos seus orzamentos do próximo ano co obxectivo de consolidar a pegada industrial, impulsar a comercialización de novos produtos e crear emprego cualificado.

Ler máis

17 de Outubro de 2021

A Xunta difunde o potencial innovador dos tecidos industriais creados por empresas galegas

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), organiza o vindeiro venres, 22 de outubro, un novo workshop online sobre materiais innovadores con capacidade para contribuír á competitividade empresarial. Nesta ocasión, estará centrado nos tecidos industriais, que presentan características funcionais e técnicas de alto rendemento que van máis alá de aspectos estéticos.

Ler máis

16 de Outubro de 2021

A Xunta destaca que a Marca Galicia avala o esforzo do tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a Marca Galicia é o reflexo e o resultado do esforzo que está a facer o tecido empresarial galego por incorporar a innovación e o deseño como valor engadido aos seus produtos e servizos.

Ler máis

Eventos

Ver todos
22
Outubro

Workshop online Tecidos industriais

A Materioteca de Galicia continúa a súa programación de workshops o vindeiro 22 de outubro centrándose nos tecidos industriais.

Ler máis
02
Novembro

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grant 2022

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Ler máis
04
Novembro

Taller ''A función de intelixencia na empresa''

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.