Ver a versión en liña

II FORO DA ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE DE GALICIA 2021-2027

O 14 de xaneiro de 2022 celebrarase o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3), un evento aberto a todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i co que pecharemos o proceso participativo.

ESPAZO ABERTO Á PARTICIPACIÓN

A elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021 entra na súa fase final mantendo o enfoque de colaboración que caracterizou todo o proceso. Neste II Foro da RIS3 convidamos ao tecido empresarial e de coñecemento, ao sector público e á cidadanía a facer unha reflexión final sobre as prioridades de Galicia para esta década e sobre cómo deseñar as misións da política de I+D+i.

Durante o evento compartiremos os resultados da RIS3 de Galicia 21-27. Esta Estratexia marcará o camiño da innovación en Galicia nos próximos anos e constituirá unha panca fundamental para impulsar a competitividade da rexión consolidando un modelo de desenvolvemento económico, social e industrial sustentable e baseado no coñecemento.

O Foro estará presidido polo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; e contará coa intervención da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, así como de representantes de organismos da Administración galega, de empresas e de centros tecnolóxicos e de coñecemento.

PROGRAMA E INSCRICIÓNS

Reserva a data do venres 14 de xaneiro de 2022. Moi pronto daremos a coñecer toda a información sobre o programa e como facer a inscrición.

ENQUISA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Continúa aberta a consulta cidadá para que todos os galegos e galegas aporten a súa visión sobre os grandes obxectivos que queremos para a Galicia da próxima década. Cada opinión conta.

                          Gracias a todas e todos os que estades a participar neste proceso clave para o futuro de Galicia.

 

Consulta toda a información sobre a RIS3 Galicia na nosa web www.ris3galicia.es

Manifestacións de interese e convocatorias Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación:

Novas

Ver todas

01 de Decembro de 2021

A Xunta confirma o compromiso coa biotecnoloxía como clave para o crecemento da economía galega

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, compareceu esta mañá no Parlamento de Galicia para presentar a Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico de Galicia 2021-2025. Argerey avanzou as principais liñas de acción desta nova folla de ruta, que aspira a mobilizar 662 millóns de euros, co obxectivo de situar a Galicia como unha das principais rexións biotecnolóxicas a nivel internacional, fomentando a xeración de negocio e a consolidación empresarial arredor dun Polo de Innovación Biotecnolóxica, que actuará como panca para o bioemprendemento de novas iniciativas empresariais e a atracción de empresas tractoras e intensivas en I+D+i.

Ler máis

30 de Novembro de 2021

A Xunta destaca en Monforte de Lemos a importancia de xerar unha cultura innovadora nas pemes da Ribeira Sacra para aumentar a súa competitividade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe durante a parada de Camiño da innovación en Monforte de Lemos a importancia desta iniciativa para xerar unha cultura innovadora no tecido empresarial da Ribeira Sacra e identificar os proxectos de pequenas e medianas empresas que poden ter un percorrido a través da innovación para gañar competitividade.

Ler máis

29 de Novembro de 2021

Conde destaca o potencial de Galicia e Norte de Portugal para consolidar a súa colaboración e traballar no desenvolvemento dun polo innovador

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou, no segundo foro da RIS3 Transfronteiriza A innovación Galicia-Norte de Portugal ante os novos retos, as oportunidades para consolidar a colaboración e traballar no desenvolvemento a ambos lados do Miño dun polo de innovación conxunto, que faga a Eurorrexión punteira en eidos como a mobilidade do futuro, a enerxía do mar, a industria agroalimentaria, a biotecnoloxía e o fomento do envellecemento activo, ou a nivel turístico, en torno ao Camiño de Santiago.

Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Decembro

Encontro Camiño da Innovación - MEIRA

''Camiño da Innovación'' é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.

Ler máis
09
Decembro

Tendencias e oportunidades na Compra Pública de Innovación

Os obxectivos desta xornada son sentar as bases conceptuais e prácticas da Compra Pública de Innovación a partir da metodoloxía EAFIP e identificar as principais tendencias europeas que sitúan á Compra Pública de Innovación como unha ferramenta estratéxica.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.