Ver a versión en liña

Polo de innovación en biotecnoloxía e IX Premios Bioga

O sector biotecnolóxico galego está de actualidade. O martes pasado celebrouse a presentación do Polo de innovacion en biotecnoloxía, situado no Polígono da Sionlla en Santiago de Compostela, que porá en marcha un centro de servizos innovadores e naves industriais a disposición das empresas galegas. Así mesmo, esta mañá entregáronse na sede da Axencia Galega de Innovación os IX Premios Bioga, que recoñecen o labor das empresas dedicadas ás Ciencias da Vida.

Polo de innovación en biotecnoloxía

O pasado martes celebrouse en Santiago de Compostela a mesa do Acordo da Sionlla: Polo de innovación en biotecnoloxía. Neste acto, no que participaron representantes de todas as entidades implicadas, o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, puxo en valor o centro de fabricación avanzada do Polo da Sionlla como un espazo para crecer, consolidar e atraer talento.

Cales son os obxectivos deste polo?
- Aproveitar o potencial do sector biotecnolóxico galego.
- Contribuír a industrializar este sector en auxe.
- Facilitar o asentamento e nacemento de novas empresas.

O Polo Biotecnolóxico de Galicia componse de dous espazos: o Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB) co nome comercial de Biotecnica, e unha zona de desenvolvemento produtivo, con naves para a actividade empresarial, que se están a desenvolver de xeito paralelo.

IX Premios Bioga

A Agrupación industrial Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, entregou hoxe en Santiago os seus IX Premios Bioga que esté ano están dotados de 6.000 euros, apoio en servizos de dixitalización por parte do Grupo Zendal e un bono de formación por parte da Escola de Negocios IESIDE que contribúen como patrociñadores.

Estes son os galardoados:

- Empresa Biotech más Competitiva: CEAMSA, compañía do Porriño e especializada en hidrocoloides de orixe natural, mereceu o premio pola súa “internacionalización, polos recursos que dedica á I%2BD e pola traxectoria vinculada e comprometida con Galicia”.
- Empresa Biotech más Innovadora: KeyBiological, de Vigo e especializada na produción e comercialización de aceites ozonizados, premiada pola “súa innovación e o seu potencial de crecemento”.
-Mellor Idea Empresarial Biotech: Celtarys, situada en Santiago e especializada en desenvolver ferramentas fluorescentes para acelerar o descubrimento de fármacos, venceu por crer na transferencia tecnolóxica e polo seu “competitivo equipo promotor multidisciplinar

Manifestacións de interese e convocatorias Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación:

Novas

Ver todas

14 de Decembro de 2021

O Centro de Fabricación Avanzada do Polo da Sionlla demostra o compromiso da Xunta co sector biotecnolóxico a través dun espazo propio para crecer, consolidarse e atraer talento

O centro de fabricación avanzada, no marco do Polo da Sionlla de Santiago de Compostela, é unha mostra do compromiso de Galicia por impulsar o sector biotecnolóxico a través dun espazo propio para crecer, consolidarse e atraer talento. Así o puxo de manifesto o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, que xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá na mesa do Acordo da Sionlla: Polo de innovación en biotecnoloxía.

Ler máis

10 de Decembro de 2021

A Xunta impulsa a innovación de catro empresas lucenses con achegas que suman 302.000 euros

A Xunta de Galicia destinou 302.000 euros a impulsar a innovación de catro empresas lucenses a través do Programa InnovaPeme 2021, que xestiona a Axencia Galega da Innovación (Gain).

Ler máis

09 de Decembro de 2021

A Xunta asesorou a 246 pemes de toda Galicia sobre as oportunidades de innovar a través da iniciativa ''Camiño da innovación''

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Meira na última das paradas programadas da iniciativa Camiño da innovación, a cal realizou 246 asesoramentos a pemes sobre as oportunidades de innovar nos 18 concellos que visitou a xira. Así mesmo, foron 555 os asistentes e 65 os relatores que participaron nos encontros con empresas innovadoras da contorna, ademais dos 18 casos de éxito incluídos nos sete cadernos de innovación elaborados para a iniciativa.

Ler máis

Eventos

Ver todos
16
Decembro

DESIGN IMPACT, evento final do proxecto USER FACTOR

O próximo día 16 de decembro celebrarase, en formato en liña, o vento final de peche do proxecto Interreg Atlantic Area User Factor. O programa do evento, titulado DESIGN IMPACT, conta coa participación dos diferentes socios e stakeholders do proxecto, que presentarán e debaterán sobre os obxectivos do proxecto.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.