O Programa Re-acciona é unha iniciativa da Xunta de Galicia que inclúe axudas para contratar servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e dixitalización por parte das PEMES galegas. Dentro dos 15 servizos que ofrece, queremos salientar os vinculados coa innovación:
Deseño e lanzamento de novos produtos e servizos.
Protección da propiedade industrial, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións.
Asesoramento para o financiamento das actividades de I+D+i.
O prazo de presentación remata o próximo 28 de xaneiro. Podes atopar máis información en: https://reacciona.igape.es/. Asimesmo, desde a Axencia Galega de Innovación queremos aproveitar para desexarche un bo Nadal:
Manifestacións de interese e convocatorias Next Generation
No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación:
Conde salienta a aposta que está a facer Galicia por impulsar a dixitalización e a sustentabilidade na industria da automoción
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe a aposta que está a facer Galicia por impulsar a dixitalización e a sustentabilidade na industria da automoción, e puxo como exemplo o proxecto Factoría 4.0 do Grupo Stellantis, apoiado pola Xunta.
A Xunta agradece a implicación dos empregados públicos para ampliar o alcance e a eficiencia do servizo que presta a Administración autonómica
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiron este mediodía en Santiago á entrega dos III Premios Empregados/as Públicos/as Innovadores/as, uns galardóns organizados a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) co obxectivo de recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.
A Xunta destina 4M€ a promover nove proxectos de investigación relacionados coa pandemia a través do programa Conecta Covid
A Xunta de Galicia apoia nove proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados a facer fronte á pandemia da covid-19 no marco do programa de axudas Conecta Covid. Así, oito destas iniciativas están relacionadas coa I+D, mentres que a novena enmárcanse no eido da innovación en produto.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.