Ver a versión en liña

Entrega dos II Premios Galicia de Innovación e Deseño

A Axencia Galega de Innovación invítate a presenciar en streaming a cerimonia da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Con estes galardóns, que serán entregados o luns 24 de xaneiro a partir das 12.30 horas, a Xunta de Galicia recoñece o labor das persoas e empresas referentes do desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado que seleccionou os/as finalistas para as categorías das que consta o certame.

  • Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos:
    • Ecoplas Barbanza.
    • Gairesa.
    • GgaChimia.
  • Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década:
    • Congalsa.
    • Zendal.
  • Traxectoria innovadora: empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.

 

  • Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector: 
    • Costa Comunicación Visual.
    • Desescribir.
    • FrutoDS.
  • Deseñadores/as mozos/as: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos: 
    • Borja Regueiro.
    • Damián Calvo.
    • Junior Alén.
  • Empresas: empresas consolidadas que incorporaran o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década:
    • Grupo Castrosua.
    • TMC Cancela.

 Máis información dispoñible proximamente nesta ligazón

Novas convocatorias de programas nacionais e fondos Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias e manifestacións de interese que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Mais información neste enlace.

 

Axudas públicas a proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023

Ministerio de Ciencia e Innovación. Agencia Estatal de Investigación

Organismos de investigación e de difusión de coñecementos

Ata o 19/1/2022

Axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada

Ministerio de Ciencia e Innovación

Organismos de investigación e difusión de coñecementos, empresas e asociacións empresariais sectoriais

Ata o 9/2/2022

Programa Investigo: Axudas á contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación

Consellería de Emprego e Igualdade

Organismos de investigación e difusión de coñecementos, empresas que estean a investir en investigación e innovación pertencentes ao sector público ou privado

Ata o 3/2/2022

Axudas a organismos de investigación e de difusión de coñecementos para proxectos de I+D para dar resposta aos retos dos destinos turísticos

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Organismos de investigación e difusión de coñecementos

Ata o 10/2/2022

Axudas para proxectos de dixitalización de «última milla» en empresas do sector turístico

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Empresas do sector turístico, empresas cuxa actividade lles permita constituírse en socios tecnolóxicos e con experiencia demostrable no ámbito turístico e asociacións  profesionais e empresariais relacionadas cosector      turístico

Ata o 8/2/2022

Axudas para contratos Juan de la Cierva-formación 2021

Ministerio de Ciencia e Innovación. Agencia Estatal de Investigación

Organismos de investigación e difusión de coñecementos

Investigadores ata o 3/2/2022 e centros ata o 10/2/2022

Axudas para contratos Ramón y Cajal

Ministerio de Ciencia e Innovación. Agencia Estatal de Investigación

Organismos de investigación e difusión de coñecementos

Ata o 8/2/2022

Axudas para contratos Torres Quevedo

Ministerio de Ciencia e Innovación. Agencia Estatal de Investigación

Empresas, centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica; asociacións empresariais e parques científicos e tecnolóxicos

Ata o 23/2/2022

Axudas para contratos para a formación de investigadores en empresas (Doctorados Industriais) 2021

Ministerio de Ciencia e Innovación. Agencia Estatal de Investigación

Empresas

Ata o 24/2/2022

PROFARMA (2021-2022): Fomento da competitividade na Industria Farmacéutica

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Empresas do sector farmacéutico, ubicadas en España, que fabriquen ou comercialicen medicamentos de uso humano e que realicen actividades de I+D+i farmacéutica en España

Ata o 31/1/2022

Programa Innova Invest, subvencións destinadas a promocionar investimentos en España cun alto compoñente innovador realizadas por empresas con participación de capital estranxeiro

ICEX España

Empresas válidamente constituídas en España que conten cunha participación estranxeira de alomenos o 50 % do seu capital social

Ata o 14/2/2022

KIT DIXITAL axudas para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego

Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

Pequenas  empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego

Aberto o prazo de adhesión dos axentes dinamizado-res

 

Axudas rexonais á innovación

 

Convocatoria

Entidade

Beneficiarios

Prazo de solicitude

Axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo (TR341D)

Consellería de Emprego e Igualdade

Persoas traballadoras autónomas

Ata o 30/09/2022

Programa do bono das persoas autónomas (TR341Q )

Consellería de Emprego e Igualdade

Persoas traballadoras autónomas, sociedades de calquera clase e comunidades de bens

Ata o 14/02/2022

Axudas para os investimentos relacionados coa elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas (MR361A )

Consellería do Medio Rural

empresas vitivinícolas, organizacións de produtores vitivinícolas, asociacións de dous ou máis produtores, organizacións interprofesionais

 

Ata o 31/01/2022

Programa Investigo: Axudas á contratación de persoas mozas en iniciativas de investigación e innovación (TR349V)

Consellería de Emprego e Igualdade

Empresas privadas ou públicas e organismos de investigación e difusión de coñecementos

Ata o 3/2/2022

Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais (IG501A)

Instituto Galego de Promoción Económica

 

Autónomos e as microempresas e pequenas empresas de nova creación, membros de unidade familiar dunha explotación agraria

Ata o 8/03/2022

Programa REACCIONA (IG401A)

IGAPE, GAIN, AMTEGA

Pemes, incluídos os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade

28/01/2022

04/03/2022

08/04/2022

 

Novas

Ver todas

06 de Xaneiro de 2022

A Xunta apoia a contratación de 15 doutorandos industriais que realizarán a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos galegos

A Xunta de Galicia acaba de resolver a primeira edición do programa de Doutoramento Industrial, unha convocatoria conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade que incide na aposta polo talento e o emprego de calidade da Administración autonómica.

Ler máis

28 de Decembro de 2021

A Xunta convocará o próximo ano unha nova edición das unidades mixtas de investigación co obxectivo de mobilizar 30 M€ a través da colaboración entre empresas e centros de coñecemento

 O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, anunciou hoxe que a Xunta convocará o próximo ano unha nova edición das Unidades Mixtas de Investigación co obxectivo de mobilizar 30 millóns de euros –dos que 12 serán achegados pola Administración autonómica– a través da colaboración entre empresas e centros de coñecemento. Así, o Goberno galego apoiará dez novos proxectos e creación ou mantemento de 90 empregos durante o desenvolvemento destas novas iniciativas (período 2022-2025).

Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Xaneiro

II foro RIS3

O 14 de xaneiro de 2022 celebrarase o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027, un evento aberto a todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i no que compartiremos os resultados e conclusións da RIS3 Galicia.

Ler máis
24
Xaneiro

Entrega dos II Premios Galicia de Innovación e Deseño

A Axencia Galega de Innovación celebra o luns 24 de xaneiro o acto de entrega da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.