Ver a versión en liña

Convocatorias de apoio á contratación de persoal para I+D+i

Comprácenos informarte das convocatorias de axudas que están abertas ou que abrirán proximamente para apoiar a contratación de persoal destinado a realizar tarefas de I+D+i.

PROGRAMA INVESTIGO
CONVOCA Xunta de Galicia. Consellería de Emprego e Igualdade
ORZAMENTO 13,1M€
PRAZO Ata o 3 de febreiro
OBXECTO - Contratación de ata 585 persoas mozas para a realización de actividades de I+D+i
- Priorizaranse as ocupacións referidas á sanidade, transición ecolóxica e economía verde, servizos de dixitalización e big data e proxectos de investigación no ámbito da cultura, as áreas sociais ou as artes
- Substitúe o programa Principia
BENEFICIARIOS - Empresas que invistan en I+D+i
- Universidades
- Organismos de investigación
- Centros tecnolóxicos
- Parques científicos e tecnolóxicos
MÁIS INFORMACIÓN Convocatoria Programa Investigo
AXUDAS PARA COMPLETAR A ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL
CONVOCA Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ORZAMENTO 2,3M€
PRAZO Publicación no DOG prevista: 21 de xaneiro
Prazo de solicitude previsto ata o 22 de febreiro
OBXECTO Posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, facilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria
BENEFICIARIOS - Universidades
- Organismos públicos de investigación
- Fundacións de investigación sanitaria
- Centros do CSIC
AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL
CONVOCA Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ORZAMENTO 7,4M€
PRAZO Publicación no DOG prevista para o 31 de xaneiro
Prazo de solicitude previsto ata o 1 de marzo
OBXECTO Facilitar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación
BENEFICIARIOS - Universidades
- Organismos públicos de investigación
- Fundacións de investigación sanitaria
- Centros do CSIC
AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL
CONVOCA Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ORZAMENTO 11,4M€
PRAZO Publicación no DOG prevista o 31 de xaneiro
Prazo de solicitude previsto ata o 1 de marzo
OBXECTO Contratación de persoal nas súas etapas iniciais para que, mediante procesos formativos estables, adquira as habilidades propias do persoal investigador
BENEFICIARIOS - Universidades
- Organismos públicos de investigación
- Fundacións de investigación sanitaria
- Centros do CSIC
TALENTO SÉNIOR
CONVOCA Axencia Galega de Innovación
ORZAMENTO 960.000 €
PRAZO Publicación no DOG prevista no mes de marzo
OBXECTO Axudas para a contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i
BENEFICIARIOS - Empresas
- Organismos de investigación públicos non universitarios
- Centros de investigación privados
DOUTORAMENTO INDUSTRIAL
CONVOCA Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ORZAMENTO 1,9M€
PRAZO Publicacion no DOG prevista no mes de xuño
OBXECTO Financiar o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo de 3 anos
BENEFICIARIOS - Empresas
- Centros de innovación e tecnoloxía
- Universidades
OPORTUNIUS
CONVOCA Axencia Galega de Innovación
PRAZO Aberto todo o ano
OBXECTO Ofrece oportunidades para o desenvolvemento en Galicia da carreira investigadora de persoal beneficiario dunha axuda do European Reseach Council ERC
BENEFICIARIOS Persoal investigador candidato, finalista ou gañador dunha axuda do ERC
MÁIS INFORMACIÓN Programa Oportunius

Convocatorias Next Generation

No marco dos fondos Next Generation EU, incluímos a continuación convocatorias que se atopan actualmente abertas no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Máis información na web Nextgenerationgalicia.gal.
Axudas para contratos Juan de la Cierva
CONVOCA Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
DIRIXIDO A Organismos de investigación e difusión de coñecementos
PRAZO Investigadores ata o 3/2/2022 e centros ata o 10/2/2022
Clica aquí para máis información
Axudas para contratos Ramón y Cajal
CONVOCA Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
DIRIXIDO A Organismos de investigación e difusión de coñecementos
PRAZO Ata o 8/02/2022
Clica aquí para máis información
Axudas para contratos Torres Quevedo
CONVOCA Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
DIRIXIDO A Empresas, centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica; asociacións empresariais e parques científicos e tecnolóxicos
PRAZO Ata o 23/02/2022
Clica aquí para máis información
Axudas para contratos para a formación de investigadores en empresas (Doutoramentos Industriais)
CONVOCA Ministerio de Ciencia e Innovación. Agencia Estatal de Investigación
DIRIXIDO A Empresas
PRAZO Ata o 24/02/2022
Clica aquí para máis información
Axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada
CONVOCA Ministerio de Ciencia e Innovación. Axencia Estatal de Investigación
DIRIXIDO A Organismos de investigación e difusión de coñecementos, empresas e asociacións empresariais sectoriais
PRAZO Ata o 9/02/2022
Clica aquí para máis información
Axudas a organismos de investigación e de difusión de coñecementos para proxectos de I+D para dar resposta aos retos dos destinos turísticos
CONVOCA Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
DIRIXIDO A Organismos de investigación e difusión de coñecementos
PRAZO Ata o 10/02/2022
Clica aquí para máis información
KIT DIXITAL axudas para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego
CONVOCA Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
DIRIXIDO A Pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego
PRAZO Aberto o prazo de adhesión dos axentes dinamizadores
Clica aquí para máis información

Novas

Ver todas

14 de Xaneiro de 2022

A nova Estratexia RIS3 de Galicia buscará romper o teito de cristal da innovación para as pemes e os sectores tradicionais

Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Xaneiro

Entrega dos II Premios Galicia de Innovación e Deseño

A Axencia Galega de Innovación celebra o luns 24 de xaneiro o acto de entrega da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Ler máis

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.