Ver a versión en liña

A sustentabilidade, a dixitalización e a orientación da I+D+i cara os retos das persoas, prioridades da nova RIS3 Galicia

Máis de 250 persoas participaron no II Foro da RIS3 Galicia, que supuxo o peche do proceso participativo de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027. Compartimos os resultados e conclusións da que será a folla de ruta que guiará a innovación galega nos vindeiros anos.

Vídeos do II Foro RIS3

A sustentabilidade, a dixitalización e a orientación dos esforzos da investigación e da innovación cara as necesidades das persoas concentran as tres grandes prioridades da especialización da RIS3 Galicia, unha Estratexia que ten asegurado o seu carácter transversal despois dun amplo proceso participativo con preto de 800 aportacións do ecosistema galego de I+D+i.

A RIS3 está deseñada con e para as persoas, aposta polo talento e o coñecemento como chaves que abrirán as portas dos novos retos da sociedade e permitirá dar resposta aos desafíos da I+D+i desta década. Este enfoque guiou a elaboración da Estratexia desde o seu inicio e permaneceu máis vixente se cabe neste II Foro.
Protagonistas: as cadeas de valor
Os principais protagonistas do evento foron os representantes das cadeas de valor que colaboraron na elaboración da RIS3, que relataron a súa experiencia no proceso participativo e aportaron a súa visión sobre a cocentración de recursos en torno ás misións. Tamén o público asistente participou de forma activa nesta fase final do proceso de elaboración da Estratexia, aportando a súa opinión nun espazo interactivo.
Retos, prioridades e desafíos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, detallou neste II Foro o contexto, novidade e elementos diferenciais da Estratexia 2021-2027, relatou o proceso de deseño e explicou os obxectivos, os programas, os resultados esperados e os grandes desafíos da RIS3 Galicia.
Podes consultar a presentación de Patricia Argerey nesta ligazón.

Resultados das enquisas
As persoas que participaron no espazo interactivo do II Foro avalaron as pre-misións definidas como representativas das diferentes oportunidades que se abren para Galicia nos próximos anos, confirmaron o enfoque proposto para continuar o traballo da RIS3 Galicia ata 2027 e reflectiron o seu compromiso para continuar colaborando no Proceso de Descubrimento Emprendedor da Estratexia.

Premisions Enfoque Compromiso

Consulta toda a información sobre a RIS3 Galicia na nosa web!

Web da RIS3

Novas

Var todas

28 de Xaneiro de 2022

Feijóo expón a colaboración público-privada como clave para acadar a consolidación do sector biotecnolóxico galego, reter talento e impulsar a economía

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo hoxe a colaboración público-privada como elemento clave para acadar a consolidación do sector biotecnolóxico galego, atraer e reter talento investigador e impulsar a economía.

Ler máis

27 de Xaneiro de 2022

A Xunta subliña en Nigrán a importancia de incorporar talento mozo ás actividades de I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa nigranesa Dativic, dedicada á subministración profesional de produtos de impresión 3D e a implantación da fabricación aditiva na industria para a mellora da eficiencia dos procesos produtivos. Patricia Argerey destacou o carácter innovador da compañía, que conta con apoio da Xunta para contratar persoal mozo para a realización de actividades de I+D+i e sinalou que están continuamente investigando e analizando novos produtos e materiais.

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Febreiro

Xornada de beneficiarios dos programas de axudas da Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación organiza esta xornada dirixida ás entidades beneficiarias das convocatorias da Axencia Galega de Innovación do segundo semestre do 2021.

Ler máis
10
Febreiro

I Foro de Emprendemento do Noroeste

APD e UNIRISCO, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación, organizan o I Foro de Emprendemento do Noroeste, co obxectivo de conectar ás empresas e universidades de Galicia, Asturias e Castela e León.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.