Ver a versión en liña
 
 
 

Aprende a innovar pensando coma un/unha deseñador/a

Hoxe mostrámosche como aplicar a lóxica dos/das profesionais do deseño para mellorar os teus produtos e servizos. Unha metodoloxía en cinco sinxelos pasos para obter resultados prácticos e aplicables a curto prazo.
Design thinking

Os deseñadores/as céntranse na funcionalidade e na usabilidade. Por iso son expertos/as en observar os problemas da clientela e buscar solucións prácticas. Como vimos a semana pasada, os problemas son unha fonte de innovación de moito valor, así que convén fixarse en como os xestionan estes/as profesionais tan orientados/as a xerar valor para o/a usuario/a e novos ingresos para a empresa.

A metodoloxía de innovación denominada design thinking serve para entender as interaccións do/a usuario/a co produto ou servizo, mediante a empatía, a observación e a busca dunha solución mediante un enfoque diferente.

Máis práctico, máis eficiente
Os/as profesionais do deseño non quedan no mundo das ideas, fanas aterrar construíndo prototipos con imaxinación e poucos recursos para demostrar se funcionan ben no mercado.
Cinco pasos

Empatizar coa clientela a través da observación.

Definir os problemas identificados.

Idear solucións para resolvelos.

Prototipar as solucións de unha forma sinxela (un debuxo, unha maqueta).

Validar os prototipos no mercado.
Como se fai?
Descubre as claves do desing thinking no caderno

Tempo de lectura: 4 minutos

Coñece a experiencia real de dúas pemes galegas innovando coa metodoloxía do design thinking.

GRUPO MIGÁN

REPORTAXE

VÍDEO
PROQUIGA BIOTECH

REPORTAXE

VÍDEO
Bonus track
Unha das ferramentas máis destacadas do design thinking é o denominado customer journey. Trátase de emprender unha viaxe cos nosos/as clientes/as para descubrir como se relacionan co noso produto ou servizo e identificar así que elementos son percibidos como valor (gains) e cales como puntos de dor (pains).

Os pains son problemas reais que convén visibilizar, clasificar e analizar mediante dinámicas compartidas coa clientela que nos darán as claves para repensar os nosos produtos e servizos.

Como podemos innovar prestando atención aos comportamentos e emocións do nosos/as clientes/as?
Descubre como organizar talleres participativos para sacar o máximo rendemento do customer journey a través do caderno

Tempo de lectura: 6 minutos

Coñece a experiencia real de dúas pemes galegas que innovan convertendo os puntos débiles dos seus produtos e servizos en valor para o/a cliente/a.

MIRAMAR CRUISES

REPORTAXE
MOBALCO

REPORTAXE
Se queres saber máis do impacto do deseño no éxito do modelo de negocio, consulta o noso Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade - DIFERENZA
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

18 de Febreiro de 2022

Galicia desenvolve o proxecto EDAR 360 para levar as vantaxes da intelixencia artificial aos procesos de depuración de augas residuais

Ler máis

17 de Febreiro de 2022

Galicia suma as súas capacidades e talento ao programa conxunto de investigación en biotecnoloxía para a saúde

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Febreiro
Unidades Mixtas de Investigación: balance do programa e novidades da próxima convocatoria

09
Marzo
Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2022

AUSAVIL

REPORTAXE

VÍDEO
INNOGANDO

REPORTAXE

VÍDEO
INDUPANEL

REPORTAXE
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.