Ver a versión en liña

Nova edición de Talento Sénior

O Consello da Xunta de Galicia aprobou unha nova edición do programa Talento Sénior. Este programa, cun orzamento de 960.000€, facilitará a contratación de 14 profesionais tecnólogos ou investigadores doutores con máis de cinco anos de experiencia para que desenvolvan a súa carreira profesional en Galicia. A convocatoria publicarase nos vindeiros días no DOG.

Obxectivos do programa:
  • Atracción e retorno de persoal profesional tecnólogo de alta cualificación ou persoal investigador doutor con máis de 5 anos de experiencia para desenvolver a súa carreira profesional en empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos
  • Estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de investigación e innovación
  • Fomentar a contratación de emprego cualificado e de calidade
  • Fomentar o emprego feminino e a incorporación das mulleres nas actividadades de I+D+i
Características destacables
  • Axudas en concorrencia competitiva para contratos dun mínimo de 3 anos
  • Os incentivos á contratación variarán entre un 40% e un 60%
  • Primarase cun 25% na valoración a contratación de profesionais que retornen a Galicia
  • Os beneficiarios poden ter calquera nacionalidade
  • Apoiaranse un máximo de 2 contratos por entidade
  • En situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción ou acollemento, risco durante a lactación e paternidade, suspenderase o cómputo da duración do contrato e prorrogarase o prazo de execución da axuda correspondente ao tempo de suspensión

Novas

Ver todas

21 de Marzo de 2022

A Xunta xa ten en execución 84 millóns de euros de fondos públicos no Polo Aeroespacial 2025

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe, durante a súa participación en Vigo na asemblea xeral do Consorcio Aeronáutico Galego, que xa están en execución 84 millóns de euros de fondos públicos no Polo Aeroespacial, dentro da nova estratexia aprobada o ano pasado e que aspira a mobilizar un total de 540 millóns de euros ata 2025 entre investimentos públicos e privados.
Ler máis

18 de Marzo de 2022

Galicia ve no Polo de Tecnoloxías Cuánticas unha oportunidade para que a innovación contribúa á recuperación sostible e dixital

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe que o Polo de Tecnoloxías Cuánticas no que traballa Galicia é unha oportunidade para que a I+D+i contribúa á recuperación sostible e dixital, destacando que a gran achega da Comunidade é o talento das súas empresas e centros de coñecemento, entre os que se atopan as tres universidades e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).
Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Marzo
Camiño de futuro: Sanxenxo

29
Marzo
Demo Day de proxectos emprendedores de base tecnolóxica no ámbito mariño-marítimo

30
Marzo
Camiño de futuro: Lalín

31
Marzo
Evento de peche e difusión dos resultados de SHERPA DO MAR

06
Abril
Camiño de futuro: Vimianzo

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal