Ver a versión en liña
 
 
 

Dálle voz ao talento innovador do teu equipo

As persoas son o recurso de maior valor en calquera estratexia de innovación. Hoxe descubrímosche como potenciar a actitude positiva e a proactividade dos membros do teu equipo para que se convirtan nos protagonistas da transformación.
Todos/as gañamos

Se queremos implementar dinámicas de innovación na nosa empresa e facer que o equipo se implique, é importante transmitirlle a todos e todas o que gañarán no proceso para conseguir o éxito.

Isto implica levar a cabo un proceso de transición cara a innovación poñendo en valor as experiencias positivas e impulsando as capacidades de cada persoa. Así conseguiremos impulsar o cambio desde a confianza e a empatía.

Dar cancha e recoñecer o esforzo
Os principais pasos para sacar o máximo partido do talento innovador na empresa son:

Aceptar e difundir no equipo que o contorno cambia e a empresa debe adaptarse ao cambio.

Facerlle sentir aos traballadores/as que a dirección é receptiva ás novas ideas.

Darlles a oportunidade de propoñer e resolver retos para ser máis competitivos/as.

Poñer en valor os éxitos de innovación impulsados por profesionais internos/as a título individual ou colectivo.

Comezar a implementar unha cultura da innovación propia sustentada nestes logros, co obxectivo de sistematizala ao longo do tempo.
O poder do intraemprendemento
Dentro das empresas hai profesionais con iniciativa emprendedora, mulleres e homes con enerxía e capacidade de liderado para descubrir e abordar retos de mellora ou mesmo impulsar iniciativas disruptivas.

Son os/as intraemprendedores/as, membros do cadro de persoal da empresa que convén recoñecer, estimular e recompensar, xa que o intraemprendemento é un camiño efectivo para desenvolver a vantaxe competitiva da peme porque:

  • Activa os procesos de innovación de forma continuada.
  • Aumenta a eficiencia.
  • Mellora o rendemento do equipo.
Como se fai?
Explora como impulsar o papel do teu recurso máis valioso, as persoas, a través do caderno

Tempo de lectura: 5 minutos

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas que maximizan o potencial do seu talento

INNOGANDO

REPORTAXE

VÍDEO
INTAF

REPORTAXE

VÍDEO
INPLASOR

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008
Próxima publicación da convocatoria InnovaPeme
Nas próximas semanas está prevista a publicación no DOG da convocatoria InnovaPeme. Este programa financia actividades integradas en plans de innovación que permitan sistematizar procesos de innovación da empresa. Está dirixida a microempresas, pequenas e medianas empresas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
Podes acceder á información da convocatoria neste enlace.

Novas

Ver todas

30 de Marzo de 2022

A Xunta destaca que Galaxy-Lab contribuirá a que a Cidade das TIC sexa un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá, na Coruña, que Galaxy-Lab contribuirá a que a Cidade das TIC sexa un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia.
Ler máis

25 de Marzo de 2022

Conde subliña que apostar pola innovación significa blindar o futuro e a competitividade da industria galega

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, subliñou hoxe que apostar pola innovación significa blindar o futuro e a competitividade da industria galega nun escenario de transformación dixital e enerxética.
Ler máis

Eventos

Ver todos
01
Abril
Convocatorias abertas da iniciativa europea EIT Urban Mobility

06
Abril
Camiño de futuro: Vimianzo

08
Abril
Camiño de futuro: Noia

11
Abril
Camiño de futuro: Arzúa

19
Abril
Camiño de futuro: Ortigueira

20
Abril
Camiño de futuro: Abegondo

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.