Ver a versión en liña

Novos programas de aceleración en internacionalización e solucións á mobilidade urbana

Achegámosche información sobre os programas de aceleración Galicia Avanza, da Xunta de Galicia e Tecnópole para a internacionalización de pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica, así como os programas de aceleración da EIT Urban Mobility, dirixidos a startups con ideas de negocio innovadoras que resolvan problemas en varios eidos relacionados coa mobilidade sostible.

GALICIA AVANZA é un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que promove que solucións innovadoras galegas alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Poderán ser beneficiarias do Programa GALICIA AVANZA ata 30 pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica pertencentes a calquera sector que conten cun produto ou servicio innovador con potencial de desenvolvemento a nivel internacional.
Consulta as bases da convocatoria, aberta ata o 3 de maio, e accede ao formulario de inscrición neste enlace.
Convocatorias de aceleración EIT Urban mobility

A Axencia Galega de Innovación acaba de adherirse recentemente á EIT Urban Mobility, unha iniciativa europea do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT).

O fin desta iniciativa é impulsar a chegada ao mercado das startups do ámbito da mobilidade e promover iniciativas que resolvan os retos de mobilidade urbana das cidades europeas, recollendo ideas innovadoras e testándoas en eidos urbanos reais.
No marco dos programas de aceleración da EIT Urban Mobility, encóntrase aberta a convocatoria para startups con ideas de negocio validadas, claras, escalables e innovadoras, que resolvan problemas relacionados coa mobilidade.
Programas de aceleración do EIT
E+ Mobility Accelerator Programme:
Ámbito temático: Mobilidade e enerxía, micromobilidade e mobilidade compartida
Peche da convocatoria: 10 abril 2022
5G Turbo:
Ámbito temático: tecnoloxía 5G e servizos de conectividade para o desenvolvemento de tecnoloxías no ámbito da mobilidade urbana
Peche da convocatoria: 10 abril 2022
Sustainable City Logistics:
Ámbito temático: modelo de transporte de mercadorías sostible nas cidades e na loxística do transporte urbano
Peche da convocatoria: 1 de maio de 2022
UAM (Urban Air Mobility) Plazza Accelerator:
Ámbito temático: implementación de tecnoloxías aeronáuticas innovadoras a mobilidade urbana
Peche da convocatoria: 1 de maio de 2022
Energy and Public Realm:
Ámbito temático: creación de espazos públicos abordando aspectos relacionados coa enerxía e a mobilidade
Peche da convocatoria: 1 de maio de 2022

As empresas interesadas das aceleradoras da EIT poden consultar os criterios de elixibilidade e presentar a súa solicitude no seguinte enlace.

Convocatoria de Propostas de Innovación Business Plan 2023 – 2025 EIT Urban mobility

Ademais das aceleradoras, o EIT ten incentivos á realización de proxectos piloto no marco do Programa de Innovación que ten por obxectivo resolver os retos de mobilidade urbana aos que se enfrontan as cidades europeas, recollendo as mellores ideas innovadoras para ser testadas en eidos reais en catro áreas:

  • Active Mobility
  • Future Mobility
  • Sustainable City Logistics
  • Mobility and Energy

Trátase de proxectos de duración entre 6 e 18 meses, con subvencións de ata 800.000€ a realizar en colaboración entre entidades de dous países.

O prazo para presentar proxectos está aberto ata o 28/04/2022 ás 17:00 CET.

Podes consultar a sección sobre aceleradoras na web de Gain

Web de Gain

Novas

Ver todas

06 de Abril de 2022

A Xunta anima ás pemes da Costa da Morte a innovar para ser máis competitivas e medrar

Ler máis

05 de Abril de 2022

A directora da Axencia Galega de Innovación achega as oportunidades que ofrecen as carreiras científico-tecnolóxicas a estudantes do CPI de Guntín

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Abril
Camiño de futuro: Noia

11
Abril
Camiño de futuro: Arzúa

19
Abril
Camiño de futuro: Ortigueira

20
Abril
Camiño de futuro: Abegondo

19
Abril
Elixe o CLOUD que necesita a túa empresa

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.