Ver a versión en liña

RIS3 2021-2027: sostibilidade, dixitalización e persoas

A nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ata 2027 sitúa a sostibilidade, a innovación e as persoas como os eixes principais da política de I+D+i da Xunta, cunha mobilización de case 5.000M€ de investimento público-privado, un 157% máis que no anterior período. Pola súa parte, o Plan Galego de Investigación e Innovación para o período 2022-2024 é a concreción da RIS3 en actuacións a desenvolver a máis curto prazo.

As tres prioridades da nova RIS3 son:
SOSTIBILIDADE
Solucións Científico-Tecnolóxicas para a sostibilidade
DIXITALIZACIÓN
Dixitalización para o novo modelo industrial e social
PERSOAS
Orientación dos esforzos en I+D+i cara aos retos da sociedade galega
OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS
Para dar resposta aos diferentes desafíos identificados na RIS3, establecéronse os seguintes cinco obxectivos estratéxicos:
  • Avanzar na configuración dun ecosistema de innovación máis integrado, unindo as capacidades e esforzos desde as entidades xeradoras de coñecemento (oferta) para facilitar a colaboración entre elas, así como a transferencia ao conxunto do tecido empresarial
  • Lograr un equilibrio no enfoque dual existente entre o nivel de excelencia esixido para a investigación e a aplicabilidade requirida pola innovación empresarial próxima ás necesidades do mercado
  • Impulsar o desenvolvemento das cadeas de valor estratéxicas para Galicia, consolidando os segmentos nos que se conta con masa crítica e completando progresivamente aqueles nos que hai un desenvolvemento menor desde unha perspectiva de circularidade
  • Desenvolver as capacidades das persoas, potenciando o modelo de especialización intelixente e sostible, e convertendo a Galicia nunha contorna favorable para a atracción e retención do talento, con especial atención ao rol da muller
  • Impulsar a Marca Galicia como activo para a I+D+i que permita apalancar investimento privado, así como situar a Galicia no mundo
FROITO DUN PROCESO DE DIÁLOGO

Esta nova estratexia é froito dun proceso de diálogo con todo o ecosistema galego de I+D+i e coa propia cidadanía. En total, obtivemos máis de 800 achegas. O amplo proceso participativo foi unha das características máis notables da definición da nova RIS3, configurando unha estratexia "bottom-up" para a súa posterior implementación e seguimento.

MISIÓNS
Unha das novidades da nova RIS3 é a introdución do concepto de misión. As misións teñen como obxectivo aliñar recursos e capacidades para conseguir un efecto tractor e xerar impacto na I+D+i asegurando a transversalidade e o carácter estratéxico dos proxectos. Concentrarán instrumentos e actuacións ao redor dun número reducido de grandes proxectos transformadores, dirixidos a responder aos desafíos plasmados en torno aos grandes retos e prioridades da especialización intelixente de Galicia do 2021-2027.
Plan Galego de Investigación e Innovación 22-24
Pola súa parte, o Plan Galego de Investigación e Innovación para o período 2022-2024 é a concreción da RIS3 en actuacións a desenvolver a máis curto prazo.
Durante a vixencia da RIS3 elaborarase un segundo Plan de I+D+i con horizonte temporal 2025-2027, para dar resposta de xeito eficaz á programación futura tendo en conta o contexto de incertidume actual.

Se queres saber máis, consulta a web da RIS3!

Web da RIS3

Novas

Ver todas

11 de Maio de 2022

A Xunta presenta en Madrid as capacidades e oportunidades do Polo Aeroespacial de Galicia no congreso profesional de sistemas non tripulados DRONEXpo

Ler máis

11 de Maio de 2022

Conde subliña en Galiciencia a importancia de seguir apostando polo talento, a innovación e as vocacións científicas dos máis novos

Ler máis

09 de Maio de 2022

A Xunta destaca a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation para os centros de coñecemento galegos

Ler máis

Eventos

Ver todos
25
Maio
Curso online: Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.