Ver a versión en liña

Xornada de presentación das liñas de apoio do CDTI e a Axencia Galega de Innovación

O vindeiro 23 de xuño organizamos, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), unha xornada de presentación das liñas de axuda do organismo estatal á I+D+i empresarial. Así mesmo, explicaranse as axudas do Consello Europeo de Innovación e as sinerxias entre as axudas da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e do CDTI. O evento, que inaugurarán Patricia Argerey, en representación da Xunta, e Juan Antonio Tébar, en representación do CDTI, terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación en horario de 12:00 a 14:30 horas.

Inscríbete!
AXUDAS Á I+D+i EMPRESARIAL
A xefa do Departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do CDTI, Mª Pilar González Gotor, explicará as liñas de apoio do organismo estatal á I+D+i empresarial. Así mesmo, informará sobre os resultados das entidades galegas nos programas do ente estatal.
Pola súa banda, Juan Antonio Tébar Chumillas, director de Programas da UE e Cooperación Territorial do CDTI, exporá as axudas do Consello Europeo de Innovación (EIC) no marco do novo programa marco comunitario, Horizonte Europa.
Por último, Patricia Fernández Liz, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación, dará a coñecer as sinerxias entre os apoios estatais, europeos e galegos á I+D+i empresarial, como a nova liña de axudas Bonos de Innovación ou a convocatoria de rescate de proxectos Neotec.
PÚBLICO DESTINATARIO

A xornada está dirixida a todos os axentes do sistema galego de innovación. Ademais, aquelas empresas ou persoas que o desexen poderán solicitar reunións bilaterais con persoal do CDTI para realizar consultas e solicitar orientación sobre as súas axudas. As persoas interesadas deben indicalo no formulario de inscrición e mandar as súas consultas previamente ao correo de informa.gain@xunta.gal.

RECORDATORIO DE CONVOCATORIAS ABERTAS

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
ConsolidaBio Axudas á investimentos e innovación Ata 20 de xuño
Bonos de Innovación Axudas aos custos externos de innovación Ata o 11 de xullo
CDTI
Axudas Neotec 2022 Posta en marcha de novos proxectos empresariais Ata o 5 de xullo
Programa Tecnolóxico Aeronáutico Financiamento de iniciativas estratéxicas intensivas en I+D Ata o 14 de xullo
Proxectos de I+D Audiovisual e Videoxogos Proxectos de desenvolvemento de novas tecnoloxías, de aplicación ao ámbito audiovisual e dos videoxogos ou noutros entornos Ata o 12 de xullo

Infórmate sobre as liñas de axuda de ConsolidaBio e Bonos de Innovación na web de Gain!

Web de Gain

Novas

Ver todas

07 de Xuño de 2022

O investigador David Glowacki incorpórase á Universidade de Santiago a través do programa Oportunius da Xunta

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou esta mañá no acto de presentación do investigador David Glowacki que o programa Oportunius, impulsado pola Xunta de Galicia, ten permitido captar internacionalmente catro investigadores e investigadoras excelentes e retornar a outros dous entre os nove contratados directamente a través do programa.
Ler máis

03 de Xuño de 2022

A Xunta destaca en Ordes a innovación como factor clave para medrar en sectores como a distribución

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, visitaron esta mañá a sede da empresa Internaco en Ordes, onde puideron coñecer os plans de crecemento da multinacional ordense, en especial a súa aposta pola innovación e a sostibilidade para seguir medrando.
Ler máis

Eventos

Ver todos
16
Xuño
Workshop: Transformación de materiais para a economía circular

16
Xuño
Crecer co deseño. O deseño como ferramenta de innovación e competitividade empresarial

21
Xuño
Blockchain, o cambio ao internet do valor. Casos de uso actuais

22
Xuño
Xornada On-line: Modalidades de protección da Propiedade Industrial e Intelectual e tratamento do software

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal