Ver a versión en liña
 
 

V Encontro de Deseño para a Innovación
Empresarial en Galicia



O deseño como chave da innovación sostible para as pemes

O Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia volve o próximo 29 de xuño ao CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) en formato híbrido presencial-virtual para conmemorar, por quinto ano consecutivo, o Día Mundial do Deseño Industrial.

Queremos trasladar ás pemes galegas o potencial do deseño como recurso estratéxico para a innovación sostible e a competitividade.

As persoas participantes terán acceso a unha visión práctica e aplicada a través da presentación de varios casos de éxito. Trátase das experiencias de empresas galegas que xa están desenvolvendo proxectos grazas ao apoio do Programa DeseñaPeme da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo axudar a incorporar o deseño nas pemes galegas e poñer en valor a figura do profesional do deseño como elemento transformador.

TRES ENFOQUES

Celebraremos tres mesas redondas nas que as pemes serán protagonistas:
  • Futuro dixital e desenvolvemento sustentable.
    Star Electrónica e MRF.
  • O rural como motor empresarial e de innovación.
    A-vida by Idoia Cuesta e Granja Campomayor.
  • Economía circular e creativa.
    Veigas de Sabugueiro e Calor Color.
A visión empresarial completarase co relatorio de Carlota Corzo, cofundadora de Lázzaro, sobre a transparencia, a seguridade e a trazabilidade a través do deseño dixital.
A QUEN VAI DIRIXIDO
  • Representantes de pemes e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sustentabilidade.
  • Profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industia e de produto).
  • Estudantes de deseño e outras disciplinas relacionadas.
PROGRAMA E INSCRICIÓN
  • Podes consultar o programa clicando aquí.
  • Accede ao formulario de inscrición presencial neste enlace.
  • Se prefires seguilo por streaming, pincha aquí.

Novas

Ver todas

15 de Xuño de 2022

A aceleradora Business Factory Aero da Xunta abre o prazo de presentación de candidaturas para a súa cuarta edición

A Business Factory Aero (BFAero), programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas especializado en vehículos non tripulados da Xunta de Galicia, abre hoxe oficialmente o prazo de inscrición na súa cuarta edición cun enfoque máis internacional e buscando sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia, co obxectivo de potenciar o ecosistema tecnolóxico ao redor do Polo, facendo da BFAero un referente de innovación aberta e disruptiva no sector na Unión Europea.
Ler máis

12 de Xuño de 2022

A Xunta destaca o potencial de Galicia na oferta de servizos biotecnolóxicos para mellorar a calidade de vida das persoas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañada polo conselleiro delegado executivo da Confederación de Empresarios de Lugo, Eduardo Valín, visitou esta semana a empresa lucense Instituto de Estudios Celulares y Moleculares (ICM) que presta servizos asistenciais de xenética a laboratorios, hospitais e aseguradoras médicas.
Ler máis

Eventos

Ver todos
21
Xuño
Blockchain, o cambio ao internet do valor. Casos de uso actuais

22
Xuño
Xornada On-line: Modalidades de protección da Propiedade Industrial e Intelectual e tratamento do software

22
Xuño
Xornada Informativa Programa Bonos de Innovación

23
Xuño
Xornada CDTI-Axencia Galega de Innovación

28
Xuño
Xornada Informativa Programa Bonos de Innovación

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.