Ver a versión en liña

Xornada de presentación da 4ª edición da Business Factory Aero (BFAero)

O vindeiro 8 de xullo celebramos unha xornada de presentación da 4ª edición da Business Factory Aero (BFAero), o programa de incubación, aceleración e consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia. O evento, que será inaugurado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.

Inscríbete!
O PUNTO DE VISTA DAS STARTUPS
No evento contaremos coa participación de tres empresas que participaron en edicións anteriores da Business Factory Aero, que relatarán a súa experiencia.
Un ecosistema de apoio integral
Na segunda parte da xornada abordaranse as actuacións en marcha da Civil UAVs Initiative como ecosistema integral de apoio ao desenvolvemento de sistemas non tripulados en Galicia. Contaremos coa colaboración de representantes da Administración, das empresas tractoras, de pemes, de centros de coñecemento e de entidades usuarias das solucións desenvolvidas no Polo Aeroespacial de Galicia que se están empregando nos servizos públicos da Xunta.
Público destinatario
A xornada está dirixida a todo o ecosistema galego de innovación e, en especial, a todas as startups, pemes, empresas e centros de coñecemento con ideas ou proxectos de I+D no eido dos sistemas non tripulados. A BFAero está aberta a proxectos de emprendemento innovadores, viables e escalables relativos a plataformas e os seus compoñentes, equipos e sistemas -tanto embarcados como en terra- e aplicacións de vehículos non tripulados para mercados concretos.

Infórmate na xornada de presentación e ven a emprender a un sector que despega!.

Novas

Ver todas

29 de Xuño de 2022

Conde salienta que a Marca Galicia está no esforzo do tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a Marca Galicia transmite o esforzo que está a facer o tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable.
Ler máis

27 de Xuño de 2022

A Xunta avalía co Goberno a oportunidade dos fondos europeos para consolidar o Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia coa secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Teresa Riesgo, a quen lle solicitou o apoio do Goberno para que o Polo Aeroespacial de Galicia poida formar parte do Perte vinculado a este sector.
Ler máis

26 de Xuño de 2022

Galicia capta preto de 2 M€ para investigación no eido da biotecnoloxía aplicada á saúde

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro en Madrid coa secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Raquel Yotti, á que trasladou a solvencia dos proxectos galegos para captar fondos europeos Next Generation.
Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Xullo
RESERVA A DATA: PRESENTACIÓN DO POLO DE TECNOLOXÍAS CUÁNTICAS

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.