Ver a versión en liña

Convocatorias da Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación (Gain) ten actualmente abertas dúas liñas de axuda: Rescate Neotec e Préstamos IFI. Proximamente publicarase a convocatoria de Doutoramento Industrial.

Rescate Neotec


Obxecto

Concesión de axudas dirixidas a empresas que se presentaron ao Programa NEOTEC de CDTI e que, superando os limiares mínimos da convocatoria, non foron beneficiarias
Actividades subvencionables
- Actividades de posta en marcha de novos proxectos empresariais de base tecnolóxica ou científica.
Prazo de presentación de solicitudes
30/09/2022
Orzamento
5,9M€
Intensidade da axuda
- Ata o 85 % do orzamento elixible.
- Importe máximo de subvención: 325.000 euros por beneficiario.
- Orzamento mínimo: 175.000 euros.
Destinatarios
Pequenas empresas innovadoras de recente creación, que non obtiveran apoio da convocatoria Neotec do CDTI de 2021 por esgotamento de crédito. Estas empresas deberán ter a súa sede social ou centro de traballo en Galicia ou, no caso de que non estean implantadas na comunidade, o compromiso de trasladar a sede social, fiscal e centro de traballo a Galicia no prazo dun mes dende a data de resolución.
Máis información
Préstamos IFI Innova


Obxecto

Préstamos a tipos de interese reducidos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación co obxectivo de mellorar a posición competitiva na empresa
Tipo de proxectos
Proxectos de I+D+i desenvolvidos co obxectivo de mellorar a posición competitiva da empresa, encadrados entre o TRL 5 e TRL 8 (Technology Readiness Levels) e aliñados coas prioridades e obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3.
Prazo de presentación
Ata esgotamento do crédito ou 30/09/2022.
Orzamento
2,5M€
Condicións dos préstamos
- Tipo de interese fixo: Euribor a un ano +0,1 0%
- Prazo: entre 2 e 12 anos.
- Carencia: Período de carencia de ata 4 anos, coa posibilidade de incorporar amortizacións aceleradas en función da xeración de recursos da empresa.
- Garantías: Sen garantías ata 200.000 euros; posibilidade de solicitalas en función do proxecto.
Destinatarios
Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais.
Máis información
Esta axuda está cofinanciada polo Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 da Unión Europea
Doutoramento Industrial
Pendente de publicación


Obxecto

Contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos galegos para desenvolver a súa tese doutoral nunha contorna industrial
Tipo de proxectos
Proxecto de investigación que se desenvolverá na empresa ou centro de innovación e tecnoloxía solicitante, en colaboración cunha universidade do SUG que se encargará da formación investigadora da persoa doutoranda.
Os proxectos serán propostos polas empresas ou centros de innovación e tecnoloxía e suporán un avance de coñecemento para dar lugar a unha tese doutoral do persoal investigador contratado, así como o desenvolvemento de produtos, procesos ou servizos que melloren os xa existentes na entidade solicitante.
Actividades subvencionables
Para as empresas ou centros tecnolóxicos:
1. Custos para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial:
  • Custos de contratación da persoa doutoranda. O importe máximo de cada axuda é de 24.000€/ano por contrato, cunha duración non inferior a 1 ano nin superior a 3.
  • Complemento de 1.000€/ano por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e o seguro durante o período de estadía.
  • Outros gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial: ata un máximo de 5.000€/ano.
2. Axuda para a realización de estadías no estranxeiro de tres meses de duración co obxectivo de contribuír á formación da persoa doutoranda. O seu importe máximo será de 6.000€

Orzamento
1,89M€
Destinatarios
Empresas e centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desenvolvan un proxecto de I+D+i con un investigador doutorando nalgunha das Universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Novas

Ver todas

23 de Agosto de 2022

Un total de 88 proxectos optan a entrar na cuarta edición da Business Factory Aero

Ler máis

25 de Agosto de 2022

A Xunta destaca o traballo da compañía coruñesa Osigris como exemplo de transformación dos sectores tradicionais a través da tecnoloxía

Ler máis

30 de Agosto de 2022

A Xunta impulsará a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos

Ler máis

31 de Agosto de 2022

A Xunta activa unha nova convocatoria dotada con 6 M€ para impulsar o emprendemento innovador

Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Setembro
Xornada LoRa – LoRaWAN

20
Setembro
OpenDesk B2B. Conectando empresas con matemática industrial

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.