Ver a versión en liña

II edición do programa de Doutoramento Industrial

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, por medio da Axencia Galega de Innovación, e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades veñen de convocar a segunda edición das axudas para Doutoramento Industrial. Este apoio permitirá a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos galegos para desenvolver a súa tese doutoral.

Máis información
Obxecto da axuda
Contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos galegos para desenvolver a súa tese doutoral nunha contorna empresarial
Tipos de proxectos que se apoian
Proxectos de investigación a desenvolver polos/as doutorandos/as orientados á resolución das necesidades e problemas da empresa ou centro de tecnolóxico, en colaboración cunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que se encargará da formación investigadora da persoa doutoranda.

A empresa ou o centro tecnolóxico solicitante, proporá o proxecto de investigación industrial e a persoa doutoranda candidata, así como o compromiso de colaboración da universidade.
Obxectivos
  • Promover a transferencia de coñecemento entre as universidades e o tecido empresarial.
  • Potenciar a captación de persoal investigador para que desenvolva un proxecto de investigación nas empresas galegas que lles permita obter un doutoramento industrial.
  • Posibilitar a incorporación de persoal doutor xoven á contorna empresarial.
  • Fortalecer a colaboración entre as empresas e centros de innovación e tecnoloxía e as universidades do SUG.
Destinatarios
Empresas e centros tecnolóxicos con domicilio social ou centro de traballo en Galicia Universidades do Sistema Universitario de Galicia Persoal investigador matriculado nun Programa oficial de Doutoramento dunha universidade do SUG ou con compromiso de matriculación
Actividades subvencionables
A) Para as empresas ou centros tecnolóxicos:
  • Custos de contratación da persoa doutoranda: máximo de 24.000€/ano.
  • Gastos asociados á contratación para o seguro: 1.000€/ano.
  • Outros gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial: máximo de 5.000€/ano.
  • Estadías de tres meses de duración: máximo de 6.000€.
B) Para as universidades do SUG: máximo 10.000€
  • Gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto no ámbito da universidade.
  • Custo da matrícula
Orzamento
O orzamento total do programa é de 1,89M€
Prazo de presentación
O prazo de presentación estará aberto ata o 4 de novembro de 2022.
A solicitude será presentada pola empresa ou o centro tecnolóxico de acordo cuha universidade do SUG.

Novas

Ver todas

04 de Outubro de 2022

A cuarta edición da Business Factory Aero da Xunta de Galicia arranca coa participación de 11 proxectos empresariais

Ler máis

03 de Outubro de 2022

A Xunta pon en valor o traballo de Gradiant para achegar ao tecido produtivo solucións tecnolóxicas innovadoras

Ler máis

02 de Outubro de 2022

A Xunta mantén aberto ata o 31 de outubro o prazo dos préstamos IFI Innova para apoiar iniciativas empresariais innovadoras

Ler máis

01 de Outubro de 2022

A Xunta apoia o programa de estímulo do talento matemático Estalmat Galicia 2022 da Universidade de Santiago de Compostela

Ler máis

Eventos

Ver todos
07
Outubro
Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2023

24
Outubro
Curso online: Transferencia e comercialización nas Ciencias Sociais, Artes e Humanidades

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.