Ver a versión en liña
 
 
 

O cambio climático é unha oportunidade para innovar

A sostibilidade ambiental é xa unha esixencia para lograr a sostibilidade económica. O cambio climático é unha emerxencia global que representa retos moi desafiantes para as pemes, ao tempo que supón un amplo abano de oportunidades. Hoxe poñemos o foco nestes retos e oportunidades como fontes de innovación.
Actúa en local, impacta en global
Os cambios a escala global comezan nos contornos máis cercanos. As pemes máis áxiles e innovadoras están chamadas a impulsar e liderar a transición a un modelo produtivo sostible baseado na circularidade.

O resultado serán empresas:
  • Máis modernas, produtivas e competitivas.
  • Ambientalmente responsables.
  • Capaces de innovar en beneficio de toda a sociedade a través da creación de produtos e solucións novas no ámbito da sostibilidade.
Compromiso co territorio

O tecido empresarial galego está formado na súa maioría por pemes cunha alta vinculación co territorio. Isto outórgalles un papel protagonista na mellora da competitividade da economía local e tamén na redución das emisións contaminantes.
Os procesos de innovación para contribuír á sostibilidade liderados polas pemes axudan a:


Aumentar a eficiencia e a rendibilidade mediante a redución de custos nos procesos, grazas ao uso de menos recursos e/ou a reutilización de residuos.


Introducir o uso das enerxías renovables para incrementar a sostibilidade mediante a contención das emisións de gases de efecto invernadoiro.
De dentro a fóra
As pemes teñen dúas formas de innovar a favor do equilibrio climático:
  • A partir do cambio climático como problema, actuando sobre os procesos internos: por exemplo, explorar formas novas de mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas da súa actividade.

  • A partir do cambio climático como oportunidade, creando solucións para o mercado: concibir e comercializar novos produtos e servizos de descarbonización que faciliten a transición cara ao modelo produtivo e de consumo da economía circular.
Como se fai?
Explora como innovar desde a sostibilidade tanto a nivel interno como de cara ao mercado no caderno

Tempo de lectura: 5 minutos
 

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas na innovación para a acción climática:

COFRICO

REPORTAXE

VÍDEO
GALLEGA DE PATATAS

REPORTAXE

VÍDEO
RENGA ENERXÍA

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

03 de Novembro de 2022

A Xunta de Galicia difunde as vantaxes de combinar deseño e innovación a través dunha exposición e un dicionario de casos de éxito

A Xunta de Galicia presenta mañá en Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Didac, un proxecto expositivo e editorial para difundir as vantaxes que supón combinar deseño e innovación en termos de competitividade empresarial.
Ler máis

02 de Novembro de 2022

A Xunta de Galicia destaca a importancia de que os países iberoamericanos se atopen irmandados por unha mesma visión do que significa a I+D+i

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou na inauguración da V Reunión de Ministras, Ministros e Altas Autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Iberoamérica a importancia de que os países iberoamericanos se atopen irmandados por unha mesma visión do que significa a I+D+i.
Ler máis

Eventos

Ver todos
10
Novembro
Xornada informativa Convocatoria Small-Scale Projects

14
Novembro
Curso online: IP e Estratexia de Mercado

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.