Airbus, Babcock e Telespazio, novos socios tecnolóxicos do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2026
A Xunta de Galicia vén de asinar os contratos con Airbus, Babcock e Telespazio, tres grandes compañías líderes no sector aeroespacial que se suman á folla de ruta do Goberno galego para consolidar esta iniciativa estratéxica no segmento dos vehículos non tripulados. No marco desta alianza, desenvolveranse solucións pioneiras para mellorar os servizos públicos por valor de case 300 millóns de euros en 40 proxectos diferentes, nos que traballarán 400 profesionais de alta cualificación. No vídeo poderás saber máis sobre o Polo Aeroespacial de Galicia.
Ligazón ao vídeo!
|