Ver a versión en liña
 
 
 

As 7 tecnoloxías que hai que seguir de cerca para innovar

As novas tecnoloxías están a transformar a maneira na que as empresas se organizan, producen e comercializan os seus produtos e servizos. En moitos casos, o que permiten é tomar mellores decisións e, sen dúbida, son fundamentais cando se decide innovar para ser máis competitivos a través do incremento da produtividade.
A 4ª revolución industrial
As pemes que no pasado conseguiron sobrevivir a crises relacionadas con factores externos desenvolveron unha cultura de adaptación que xa está no seu ADN.

Sen embargo, isto non é suficiente para competir no mercado hoxe. Na actualidade, hai que adaptarse á revolución tecnolóxica, un escenario que impacta directamente nas capacidades operativas da empresa.
Ollo ás tecnoloxías exponenciais

A capacidade de adaptación a un contorno tecnoloxicamente complexo é fundamental para unha peme.
A aposta pola creación de valor para responder ás novas necesidades do mercado implica estar moi atentos/as ás tecnoloxías exponenciais de alto impacto no negocio. Estas tecnoloxías caracterízanse por diminuír o seu prezo e complexidade en pouco tempo, á vez que multiplican rapidamente a súa capacidade e as súas aplicacións.
As 7 tecnoloxías que hoxe marcan o ritmo
Tecnoloxías de tratamento e interpretación de grandes cantidades de datos que permitan o control en tempo real dos procesos produtivos para tomar mellores decisións, como o big data.
Tecnoloxías que permiten a servitización do negocio, transformando o modelo de negocio para centralo nunha relación coa clientela máis permanente, recurrente e en continua mellora, como a internet das cousas.
Tecnoloxías transformativas xeralistas, entre as que destaca a intelixencia artificial, capaz de conferirlle a unha máquina a capacidade para reproducir condutas humanas, como razonar, planear ou aprender.
Tecnoloxías cunha capacidade disruptiva radical dos negocios, como o blockchain, que permite verificar calquera tipo de transacción sen necesidade de intermediarios grazas á criptografía.
Tecnoloxías que aumentan de forma significativa a produtividade, como as solucións de xestión de información na nube (solucións cloud), que permiten simplificar e axilizar os procesos loxísticos.
Tecnoloxías capaces de optimizar sistemas, procesos e resultados, como a supercomputación, que permite testar produtos máis rápido e con menos custos mediante prototipos virtuais.
Tecnoloxías de aumento da eficiencia, en especial a enerxética, como as ferramentas de automatización intelixente.
Como se fai?
Descubre como se están a aplicar as tecnoloxías máis avanzadas no mundo empresarial no caderno

Tempo de lectura: 5 minutos
 

Coñece a experiencia real de 3 pemes galegas na innovación para a acción climática:

TACORE

REPORTAXE

VÍDEO
CODEOR

REPORTAXE

VÍDEO
UTINGAL

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

30 de Novembro de 2022

A Xunta apoia 16 iniciativas empresariais innovadoras punteiras cun investimento público de 4,4 M€

Ler máis

30 de Novembro de 2022

A Xunta traslada a InvestiGal que o decreto que regulará o estatuto do persoal de investigación da administración autonómica reforzará a captación e retención de talento

Ler máis

29 de Novembro de 2022

A Xunta destaca que Galicia lidera a nivel europeo a I+D en tecnoloxías de sistemas non tripulados

Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Decembro
Xornada: Novas convocatorias Europa Dixital

20
Decembro
Entrega dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.