Ver a versión en liña

Próximas convocatorias de Bonos de Innovación e Ignicia Proba de Concepto

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia publicará a comezos de ano as liñas de axuda de Bonos de Innovación, que apoia a incorporación da innovación nas estratexias de negocio de pemes e microempresas mediante a contratación de servizos externos; e Ignicia Proba de Concepto, para potenciar a transferencia de coñecemento dos centros de I+D impulsando a creación de novas spin-offs e acordos de licenza da tecnoloxía xerada en Galicia.


BONOS DE INNOVACIÓN
Obxectivos
Apoiar ás empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia. Os bonos de innovación van dirixidos a suplir e complementar as capacidades internas das empresas a través da contratación de servizos externos prestados polos axentes de innovación.
Destinatarios:
Microempresas, pequenas e medianas empresas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, así como as entidades do terceiro sector de acción social que teñan actividade económica.
Axuda económica
Son axudas en forma de subvención entre o 50-70% dos custos de servizos profesionais externos:
  1. Bonos para servizos de apoio á innovación, que permiten apoiar actividades como a protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos.
  2. Bonos para xestión do financiamento da innovación:
    a. Tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións na Seguridade Social de persoal investigador (liña 2A).
    b. Tramitación de novas solicitudes de financiamento en propostas de proxectos de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais (liña 2B).
Principais novidades:
  • As entidades do terceiro sector poden ser beneficiarias independemente da súa forma xurídica, sempre que teñan actividade económica.
  • Amplíase o alcance das liñas: na liña 1 financiaranse actuacións vencelladas ao deseño. Mentres que na liña 2A relativa ao aproveitamento dos incentivos fiscais, apoiaranse por primeira vez as actuacións de certificación e obtención de informe motivado para a bonificación da Seguridade Social por máis de 10 investigadores.
  • Este ano simplifícase aínda máis o procedemento, e amplíase a dous meses o prazo de solicitude.

Consulta o folleto "Bonos de innovación dunha ollada"!

Consulta o folleto!
IGNICIA PROBA DE CONCEPTO

Obxectivos
Apoiar a chegada ao mercado dos resultados da investigación galega. Os proxectos deberán ter como finalidade a comercialización dos resultados da investigación, ben pola vía de licenza, ou ben a través da creación dunha empresa tecnolóxica (spin-off). Oorzamento mínimo será de 100.000€ e a duración mínima de 9 meses.
Beneficiarios
Grupos de investigación ou investigadores de calquera organismo de coñecemento, público ou privado, con centro de traballo en Galicia, onde se inclúen ás universidades galegas, as fundacións sanitarias, os centros tecnolóxicos e de innovación, así coma os centros do CSIC en Galicia.
Axuda económica
Os beneficiarios recibirán un apoio económico do 100% en forma de achega patrimonial onerosa. Asemade contarán con asesoramento por parte de expertos para a definición e execución do plan de transferencia e comercialización da tecnoloxía, deseño do equipo directivo e técnico que garanta o éxito no mercado e unha auditoría legal sobre os dereitos de propiedade para a futura explotación comercial da tecnoloxía.
O programa desenvólvese coa colaboración da Fundación Barrié.

Consulta o folleto "Ignicia Proba de Concepto dunha ollada"!

Consulta o folleto!

Novas

Ver todas

15 de Decembro de 2022

A Xunta ampliará a oferta de actividades de fomento das vocacións científicas en Ferrol para 2023

A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, sinalou esta mañá no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol que o vindeiro ano ampliarase a oferta de actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas no marco do Programa D´tec. Aos obradoiros, espectáculos, proxectos nas aulas e visitas, sumaranse en 2023 catro sesións de cinema científico de verán dirixidas a familias e dous campamentos científicos dunha semana de duración, un no verán e outro no Nadal.
Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Decembro
Entrega dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.